21 de mar. de 2019

O ROSAL

O GRUPO LIROLAI PRESENTOU “DE VILA EN VILA”, SEU NOVO DISCO


 O Grupo Lirolai, do Rosal, nun intre da súa actuación
Fotos: Lirolai


Infogauda / O Rosal

 O pasado domingo cheo prácticamente absoluto no Auditorio Municipal do Rosal. A ocasión non foi para menos. O grupo Lirolai presentou “De vila en vila”, seu segundo traballo discográfico, e fíxoo cunha extraordinaria acollida do público asistente. 
 

Compoñentes da Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra

                                           Coral San Telmo de Tui

 O evento, presentado por Manuel Santos González - que ademáis do súa profisionalidade nese labor, relatounos con todo detalle a fantástica historia da flor de Lirolai, que crece no val rosaleiro -, contou coa participación de compoñentes da Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra, dirixida por Hipólito Cabezas; e da Coral San Telmo de Tui, dirixida por Celso Diego Martínez, así como dunha parella - Laura Guisantes Batán e Paulo Vicente Lomba - de bailadores rosaleiros, do Grupo Do Lusco ó Fusco. 



 No decurso da actuación do grupo Lirolai, un dos seus compoñentes Rafael Martínez Rivero, ademáis de presentar cada ún dos temas a interpretar - extraídos do primeiro traballo discográfico e tamén do segundo - agradeceu á colaboura de tódolas persoas que formaron parte do grupo, e que por motivos varios, deron paso a outros compoñentes, salientando que grazas á achega de todos, Liraloi chegou ata o día de hoxe. Tamén agradeceu á colaboura da Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra e da Coral San Telmo de Tui, así como a tódalas persoas que asistiron á presentación a ás que colabouraron no desenvolvemento do evento.

 No decurso da actuación de Lirolai foron proxectadas varias imaxes do grupo, en diferentes e fermosos recunchos do Rosal e mesmo do veciño Portugal, así como tamén dalgunhas das súas actuacions tanto en directo, por varias localidades de Galicia como noutros lugares de fora da nosa Comunidade Autónoma, e por suposto na TVG.

 Como oportuna e emocionadamente fíxoo in voce Charo Tabales, concelleira de Cultura, logo de ser convidada a subir o escenario para recibir un agasallo de Lirolai; desde o concello do Rosal, felicitan a este grupo de música tradicional pola magnífica posta en escea e polo seu excepcional traballo. Un merecido recoñecemento ao esforzo e cariño empregado que fixo que a presentación fose do agrado do respectable público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario