21 de mar. de 2019

O ROSAL

POLIRRÓS ACADA O 3º POSTO NO RANKING ARDÁN DE EMPRESAS INTELIXENTES 



 Vista parcial do exterior da empresa Polirrós
Fotos: C.O.R.

AInfogauda / O Rosal

 A empresa rosaleira Polirrós cunha antigüidade de 30 anos e con 21 traballadores e traballadoras da zona de O Rosal e A Guarda, onde as mulleres ocupan postos de dirección, acadou o terceiro lugar no “Ranking ARDÁN de Empresas Inteligentes” posto en marcha polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.


 Na imaxe, equipo directivo e persoal da empresa Polirrós

 A alcaldesa do Concello do Rosal Mª Carmen Alonso Alonso e a tenenta de alcaldesa Charo Tabales Perozo, visitaron as instalacións da empresa Polirrós para felicitar á plantilla e equipo directivo polo logro alcanzado.

 O devandito ranking premia ás empresas intelixentes que mellor combinan a súa capacidade actual para a creación de valor, cun modelo de negocio capaz de xerar no futuro un crecemento económico sostible e inclusivo. 

 Este informe, levado a cabo pola Cátedra Ardán, da Universidade de Vigo, recolle o listado das 25 empresas mellor posicionadas de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario