11 de mar. de 2019

CULTURA

NATUREZA GRAVADA”: O RETO PERSOAL DE ALFONSO VICENTE REY


· O artista de A Guarda expón en Monçao (Portugal)


Ricardo Rodríguez Vicente / Monçao

 Desde o pasado día 2 deste mes e ata o vindeiro día 20 de abril, Alfonso Vicente Rey (A Guarda, 1973), expón no Cine Teatro João Verde, de Monção.

 “Natureza gravada” é o título xenérico da exposición deste destacado artista (pintor, gravador, ilustrador, publicista,...), que ten sido seleccionado na Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira, e a súa vez, ten participado en actividades complementarias promovidas pola organización dese importantísimo evento plástico, dos de maior repercusión de Portugal.

 Non é a primeira vez que Alfonso Vicente Rey amosa súa obra en Portugal, xa que ten feito exposición individuais na Galería de Arte Caminhense, de Caminha, e na Porta XIII, de Vila Nova de Cerveira. 

 A exposición que Alfonso Vicente Rey en Monção está aberta de segunda a sexta de 9h a 18h (horario local), e tamén os sábados e domingos, se hai sesión de cinema ou algunha actuación ou actividade cultural nese inmoble, que leva o nome do poeta minhoto, e reabriu no 25 de abril de 2013. 



 A preguntas deste cronista, Alfonso Vicente Rey díxonos: A mostra é unha escolla de 22 obras. Xilografías na meirande parte, a veces combinadas con outras técnicas. A temática xira entorno á natureza e a paisaxe”.

   A obra de Alfonso Vicente Rey está en coleccions privadas e tamén en entidades públicas, entre elas a Caja de Ávila, en cuios fondos artísticos figuran varios gravados do artista da Cruzada, que foran realizados nos obradoiros impartidos por José Fuentes, que organizara á Obra Social desa entidade, e que foran presentados nas exposicións colectivas que se organizaron para mostra-los nos diversos espazos culturais que Caja de Ávila ten na provincia abulense. 

 Alfonso Vicente Rey (Fonso), é con certeza, un dos artistas plásticos de A Guarda, con maior formación académica e técnica, e o mesmo tempo con maior proxección, non somentes pola súa versatilidade técnica, senón pola súa creatividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario