Concentración contra todas as violencias machistas
Martes 12, na Guarda ás 20:30 na praza do Reló, no concello da Guarda
Grupo de Acción Feminista do Baixo Miño / O Baixo Miño
Vimos de coñecer un novo caso de feminicidio, desta volta na localidade de Valga. María Jesús Aboy, de 43 anos, foi asasinada pola súa ex-parella, que posteriormente se suicidou.
Hoxe máis ca nunca temos a necesidade de seguir saíndo á rúa, para denunciar todo tipo de violencias que se exercen sobre as mulleres e condenar as políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos ate hoxe, deixando na indefensión a todas as mulleres.
Desde o Grupo de Acción Feminista do Baixo Miño, sumámonos á convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres, e facemos unha chamamento a toda a veciñanza da comarca para acudir á concentración convocada en repulsa da violencia machista este martes 12, ás 20:30 na praza do Reló, no concello da Guarda. Debemos berrar alto e claro que non morren, senón que son asasinadas. Querémonos vivas!
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario