28 de feb. de 2019

TOMIÑO

O desfile “Venres de Foliada” obrigará a restrinxir o tráfico e o estacionamento nalgunhas rúas do centro urbano 

· O Concello de Tomiño informa que a partir das 21:30 horas do venres día 1º de marzo, procederase ao peche total do tráfico de vehículos, habilitándose diferentes desvíos 


 Infogauda / Tomiño

 A celebración do desfile de Entroido “Venres de Foliada 2019” que terá lugar mañá, 1 de marzo, e dadas as obras da nova autovía que se están levando a cabo na actualidade, obriga ao Concello de Tomiño a practicar restricións de tráfico e estacionamento ao longo do percorrido do desfile.

 Por estes motivos, a Policía Local de Tomiño comunica que queda prohibido o estacionamento, dende as 16:00 horas do venres, ata a 01:30 horas do sábado, nas seguintes rúas: 

· RÚA REPÚBLICA ARXENTINA 
· RÚA DA GUARDA 
· RÚA GONDOMAR  

 A partir das 21:30 horas procederase ao peche total do tráfico de vehículos polo centro urbano, debendo utilizar os condutores os desvíos habilitados.  Para máis información, pódese consultar a páxina web do Concello de Tomiño, ou chamar á Policía Local (986 622 006 ou 616 974 455).  

 A Policía Local de Tomiño agradece a colaboración da cidadanía e salienta a necesidade de respectar as normas para a boa consecución do desfile.  

Mapas percorrido e desvíos previstos:  


DESVÍOS ALTERNATIVOS                                             

Ningún comentario:

Publicar un comentario