O entroido chega o luns a Oia cunha festa infantil chea de actividades
· A programación do Concello inclúe xogos tradicionais e de mesa, música, animación, maquillaxe, desfile de disfraces e unha merendola
Infogauda / Oia
O entroido chega a Oia o próximo luns 4 de marzo cunha festa infantil que encherá a tarde de variadas actividades de lecer destinadas á rapazada do municipio.
A programación organizada polo Concello de Oia incluirá música, animación infantil, xogos tradicionais e de mesa, maquillaxe e un desfile de disfraces.
A festa celebrarase entre as 17:00 e as 19:00 horas no Centro Cultural de Pedornes e terá como colofón unha merendola para todos os nenos e nenas que asistan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario