28 de feb. de 2019

OIA

PATRIMONIO

O mosteiro de Oia na lista vermella de patrimonio 


Vista parcial do Mosteiro de Santa María de Oia
Foto: Infogauda

En Marea / Oia

 O 27 de febreiro de 2019, publicouse no Faro de Vigo a nova co título “A Xunta reserva máis de 775.00 euros para restaurar a igrexa monacal de Oia”

 Segundo o artigo, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, firmaron onte [polo martes día 26 de febreiro de 2019] un acordo de colaboración para levar a cabo a restauración da igrexa do mosteiro cisterciense de Oia, do século XII, declarado Ben de Interese Cultural no 1931. O departamento autonómico destinará máis de 775.000 € ó proxecto para cuxo desenrolo a diócese porá á súa disposición os terreos e o inmoble. Namentres a Xunta porá o diñeiro de todos para o arranxo da igrexa parroquial. 

 Dende Movemento Oia, solicitamos que ese diñeiro non só sirva para restaurar, acondicionar e embelecer o noso monumento, senón que tamén se permita o acceso ó mesmo, como icona turística, ás innumerables visitas de peregrinos que se achegan ata alí e o encontran sempre pechado, salvo en horarios de culto. 

 Creemos que non é casualidade, que no día en que se publica esta nova, temos que enterarnos de que o Mosteiro de Oia, xunto á igrexa pública, Ben de Interese Cultural (BIC), son incluídos na lista vermella de patrimonio polo seu abandono e deterioro.

 Agradecemos o traballo que realizan na lista vermella que permite visualizar o abandono ó que se somete ó noso patrimonio e a falta de dotación que se realiza co mesmo por parte das políticas da Xunta neste asunto. 

 Si podemos mostrar a nosa riqueza e poñer en valor o noso patrimonio, podemos ser un foco de turismo cultural no que se permita aumentar as visitas e pernoctacións e mellorar a maltreita economía local fixando población e atractivo á nosa localidade. 

 Encontrámonos ante unha situación na que a especulación sobre os terreos anexos ó monumento evitan a restauración do mesmo, pois o proxecto que se presenta é inviable e non un obstáculo para a restauración. A especulación chega ata o punto de que deixáronse de percibir subvencións para a súa restauración por importes de 3,3 millóns de €. 

Fonte: Faro de Vigo 31/01/2017 


 É posible que as subvencións sexan insuficientes. Pero ó talaso déronlle entre 4 e 6 millóns de € en subvencións para facer un hotel de catro estrelas novo. Se tivera sido un autónomo, por moito menos, houbéranlle feito devolvelas debido á orde de derribo por parte del tribunal de Xustiza de Galicia. 

Fonte: El País 


 Necesitamos que a Xunta e Patrimonio se impliquen no cumprimento da lei de patrimonio de Galicia, como é a súa obriga, e axilicen os procedementos para permitir a restauración do BIC. 

 Se o propietario necesita que lle financien a restauración, quizáis deba a Xunta de Galicia facerse cargo do monumento.

 (R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario