9 de feb. de 2019

MADRID

PREVISIÓN PARA O MÉRCORES 13 DE FEBREIRO  DE 2019 

NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA 



Mércores, 13 
19:30 horas 

 Presentación de "CONTRA EL MAR Y EL VIENTO", de Santiago Llovo Taboada, un libro de historia e aventuras contadas polos seus protagonistas, navegantes a vela polo Fisterre galego. A documentada obra, editada por Andavira, e que conta con prólogo do pintor de batallas Augusto Ferrer-Dalmau, parte do estudo e recompilación de “protestas de mar”, documentos nos que os capitáns das embarcacións mercantes declaraban o sucedido no caso de incidentes marítimos, e que abarcan desde mediados do Século XVIII a finais do XIX. 

 “Non se trata dunha novela histórica, é historia e aventura en estado puro. Son historias certas, de arribadas forzosas, naufraxios, e abordaxes de corsarios que nos retrotraen a un universo pasado no que a vida non valía nada, estaba en mans do azar, a cobiza dos homes ou o furor da natureza”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario