OS GRUPOS DA OPOSICIÓN DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DENUNCIAN QUE "OIA É UN POBO ESQUECIDO POLA XUNTA"
·"(...) E soamente sinalado no mapa nas eleccions e para facerse as fotos (...)"
De esq. a der.: José Manuel Romero Martínez, voceiro de Converxencia Galega; Gerardo Rodríguez Refojos, voceiro do PSdeG-PSOE; e Xoán Lois Vila Pinel, voceiro do Grupo Mixto
Infogauda / Oia
"Dende os grupos políticos da oposición do Concello de Oia, PSOE de Oia, Converxencia Galega de Oia e Grupo Mixto, poñemos no seu coñecemento o maltrato que anda a sufrir por as institucions e así o poñemos de manifesto os grupos abaixo asinantes dos que somos voceiros". Dese xeito comeza a comunicación que veñen de remesarlle a Xunta de Galicia, Consellería de Infraestructuras e Mobilidade, conselleira María Ethel Vázquez Mourelle.
Os concelleiros asinantes, José Manuel Romero Martínez, voceiro de Converxencia Galega; Gerardo Rodríguez Refojos, voceiro do PSdeG-PSOE; e Xoán Lois Vila Pinel, voceiro do Grupo Mixto, din: "Lémbrolle que Oia é un pobo esquecido pola Xunta e soamente sinalado nas mapa nas eleccions e para facerse as fotos, queremos xustiza e feitos, sentímonos abandonados polas institucions, xa que alguén que ocupe un cargo posto polo pobo galego debe ser árbitro e garante dos impostos, facendo bandeira de igualdade ante as agresions e inxustizas que se están a tomar".
ALCALDESA QUE CARECE DE CARÁCTER DABONDO PARA PLANTARLLE CARA A XUNTA
"Levamos tres anos - continúan afirmando os devanditos voceiros - en disputa con Baiona, pero atopámonos no século XXI e as cousas aínda seguen igual. Por iso decidimos ou máis ben berramos que Oia existe no mapa, e defenderemos os intereses dos nosos veciños a vento e marea, ao contrario da nosa Alcaldesa que carece de carácter dabondo para plantarlle cara a Xunta".
Os voceiros dos grupos municipales da oposición na Corporación Municipal do Concello de Oia engaden: "O concello de Baiona négase a que teñamos un servizo imprescindible e lóxico, como é a conexión do sumidoiro á depuradora, existindo un proxecto que nos deixa dúbidas como, ¿pódese conectar o Talaso? (Sabendo que a lei non permite conectar edificacions que non son legais), así como os chalets das Mariñas que nin siquera pagan taxas de lixo.
Por todo isto, querémonos facer oir e solicitar a Conselleira que atenda as nosas peticions de ter un saneamento axeitado para os veciños deste Concello".
Ningún comentario:
Publicar un comentario