Medio Rural destina 2,16 millóns de euros a financiar o coidado de plantacións forestais subvencionadas nos últimos anos
O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria para 2019 das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Feader nos anos 2016 e 2017
Infogauda / Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha orde da
Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras e
a convocatoria para o ano 2019 das primas de mantemento das
forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de
Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento
Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Os beneficiarios destas primas
serán unicamente os titulares de plantacións forestais subvencionadas
pola Xunta antes do 31 de decembro de 2018 ao abeiro das ordes de axudas
para a reforestación correspondentes aos anos 2016 e 2017 e que
soliciten as achegas previstas nesta orde.
Estas primas teñen como
finalidade contribuír ao coidado, mantemento e demais traballos
forestais posteriores á plantación, financiando os labores cunha axuda
anual nos primeiros anos de existencia dos cultivos realizados.
As
accións previstas financiaranse cun importe total de 2,16 millóns de
euros, a razón de 720.000 euros anuais en 2019, 2020 e 2021. O prazo de
presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá, día
seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario