12 de feb. de 2019

A GUARDA

DEPORTES

O Concello de A Guarda rectifica ás axudas municipais a deportistas individuais guardeses  


 Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda ven de publicar unha rectificación das axudas a deportistas individuais da vila a través dunha partida do orzamento municipal 2018.34102.48000 por importe de 3.000€.

 A convocatoria de concesión de axudas a deportistas guardeses para o ano 2018 realizase polo sistema de concorrencia competitiva. As bases de dita convocatoria atópanse xa para descarga na sede electrónica da web municipal, no Boletín Oficial de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do Concello. 

 Estas bases teñen por obxecto axudar a sufragar os diversos gastos de desprazamento, material e outros dos deportistas guardeses máis destacados, dentro da convocatoria correspondente ao ano 2018. 

 Esta rectificación conta cun prazo de presentación das solicitudes de vinte días hábiles dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 

 Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, poderá requirirse ó solicitante, no prazo improrrogable de dez días hábiles, que achegue a documentación omitida ou modifique no seu caso a presentada se resultase procedente. Transcorrido o devandito prazo sen que o interesado achegue a documentación solicitada entenderase que renuncia á axuda solicitada. 

 Todas as notificacións derivadas das actuacións de instrución realizaranse a través da web oficial do Concello de A Guarda e do taboleiro de anuncios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario