O COMITÉ LOCAL GESTIÓN DEMOCRÁTICA DE A GUARDA ABRE AS PORTAS
Portal de acceso o local de Gestión Democrática de A Guarda
Fotos: GDAG
Infogauda / A Guarda
O Comité Local de Gestión Democrática de A Guarda dá un paso máis para afianzarse na localidade. Segundo infórmanos o presidente do Comité Local, Xermán Cordero Verde estiveron o mes de xaneiro e o que levamos de febreiro preparando a primeira sede deste partido. Dita sede sitúase na rúa Enrique María Sexto 7 (entresollado), rúa máis coñecida como a “subida de Ligero”.
En palabras textuais do presidente do Comité Local de Gestión Democrática A Guarda: “Conseguimos facer realidade un soño que tiñamos, poder ter un local propio onde poder atender as necesidades dos guardeses, dado que ata agora non tiñamos un local onde poder [atender] demandas dos cidadáns podendo ofrecerlles a intimidade necesaria, que requirían algúns dos temas”.
“O devandito local - engade Xermán Cordero - está aberto a todas aquelas asociacións, colectivos culturais, etc., que necesiten puntualmente un local para poder tratar os seus temas de organización. Desde Gestión Democrática de A Guarda non queremos facer un local pechado, para os nosos afiliados e simpatizantes, senón todo o contrario un local aberto á cidadanía.
O local estará aberto todos os días en horario de 09:30 a 12:30.
Doutra banda, seguimos tratando de presentar unha candidatura aos comicios municipais de maio do 2019 onde xa está todo moi adiantado”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario