O Concello de A Guarda pecha importantes contactos na FairWay 2019
· A concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez e a técnico
de Turismo, Rosalía Verde Pérez, participaron en numerosas reunións con
representantes de empresas e institucións de cara a promover
iniciativas sobre o Camiño Portugués da Costa
Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Turismo - a dereita da imaxe - , e Rosalía Verde Pérez, técnica do Turismo do Concello de A Guarda, participaron na III edición da FairWay
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda participou ao longo das xornadas do luns e martes na III edición da FairWay, o maior foro sobre os Camiños de Santiago, celebrado no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia.
Despois da visita Famtrip ao Castro do Monte Santa Trega do pasado xoves día 7 de febreiro, a cargo dun grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e periodistas especializados nos Camiños de Santiago; a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez e a técnico de Turismo, Rosalía Verde Pérez, participaron en numerosas reunións con representantes de empresas e institucións de cara a promover iniciativas sobre o Camiño Portugués da Costa.
A principal acción no Fairway foi a participación no obradoiro que é o espazo adicado as reunións de traballo con axencias nacionais e internacionais, tour operadores especializados en peregrinacións dende Italia, Australia, Brasil, entre outros. Ademais houbo reunións con portais web e blogueiros para dar a coñecer A Guarda non so como o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa senón como referente turístico co monte Santa Trega, co Esteiro do río Miño, o porto pesqueiro.... Algunhas destas empresas xa coñecían A Guarda pero amosaron o seu interese en ampliar a súa oferta.
O Camiño Portugués da Costa é un dos principais atractivos do “Fairway”, III Forum do Camiño de Santiago celebrado no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, onde se realizaron multitude de actividades en torno aos camiños xacobeos, con congresos, obradoiros e importantes reunións para potenciar o Camiño de Santiago, nas que tamén estivo presente o Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario