12 de feb. de 2019

A GUARDA

A nova Escola Infantil de A Guarda pendente da decisión de Política Social

· O anterior conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asumiu diante do alcalde de A Guarda o co-financiamento da redacción do proxecto e construción dunha nova Escola Infantil cunha participación da Xunta de Galicia nun 70%


A nova Escola Infantil que o Concello de A Guarda demanda ubicarase onde está a vella casa dos mestres, do antigo colexio público Manuel Rodríguez Sinde
Infografía:C.A.G. 

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda - a cidadanía guardesa - precisa unha nova escola infantil. É unha demanda que ven de anos atrás. Semella que a distancia entre A Guarda e Santiago de Compostela é moito máis grande que a real. Ou dito doutro xeito: que á petición formulada polo concello guardés pérdese na néboa do tempo, e por iso compre relembrar - unha vez máis - que á necesidade segue existindo. A situación non mudou. Alguén terá que decir con luz e taquígrafos, por que motivo, por parte da Xunta de Galicia se fai ouvidos xordos á realidade. Dese xeito, non é estrano que desde o executivo municipal se faga público que «o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, leva meses pendente dunha xuntanza coa nova conselleira de Política Social, Fabiola García»

 Segundo pudo saber este xornal dixital transfronteirizo «o rexedor guardés solicitou a reunión cando a conselleira tomou posesión en setembro de 2018 para pedirlle que asumira os compromisos do seu antecesor no cargo respecto á nova Escola Infantil da Guarda. O anterior conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asumiu diante do alcalde de A Guarda o co-financiamento da redacción do proxecto e construción dunha nova Escola Infantil cunha participación da Xunta de Galicia nun 70%»

 O grupo municipal de goberno do Concello de A Guarda relembra igualmente: «O compromiso era realizar a obra en dúas anualidades, 2019-20 para resolver, á maior brevidade posible o déficit de prazas públicas de 0 a 3 anos que ten o Concello da Guarda. O presidente da Xunta de Galicia comprometeuse publicamente a cumprir o ratio de prazas recomendado pola Unión Europea e incluso melloralo. Na actualidade Europa recomenda unha porcentaxe de 33% de prazas por número de nacementos, en Galicia, segundo informacións da Xunta, alcánzase un 41% de prazas financiadas con fondos públicos mentres que na Guarda a porcentaxe, segundo o último informe de Servizos Sociais municipais, non alcanza o 20%. Esta falta de prazas está provocando que moitas familias teñan que levar aos cativos e cativas aos concellos veciños.  

 No presente curso de 2018/19, a pesar de quer hai moitas familias que xa non solicitaron praza na localidade, coñecedoras da pouca dispoñibilidade, a lista de agarda ascendeu a 44 nenos e nenas»

 Ademais da demanda «dunha nova Escola Infantil, o alcalde de A Guarda quere trasladar á conselleira a solicitude feita en 2016 e reiterada en numerosas veces para que a Escola Infantil da Guarda pase a formar parte da rede de escolas Galiña Azul».

Ningún comentario:

Publicar un comentario