1 de feb. de 2019

A GUARDA

Abertas as inscricións para as primeiras actividades de 2019

· Na Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix) de A Guarda  



Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix) do Concello de A Guarda, dependente da Concellería de Xuventude, lanza a súa primeira proposta de accións formativas para o ano 2019.   

 Os cursos ofertados son a segunda parte do curso de Panadería e elaboración de masas, e un curso de Lingua de signos.   

 O curso de panadería terá unha duración de 15 horas e realizarase de 18:00 a 21:00 horas, todos os venres. A cota por participante será de 40 euros e inclúe todo o material empregado durante o curso. 

 O curso de lingua de signos realizarase os martes e xoves de 19:15 a 21:15 horas, e terá unha duración total de 30 horas. A cota por participante será de 20 euros.   

 Os cursos comezarán a finais do mes de febreiro, unha vez se cubran as prazas ofertadas nos mesmos. 

 Toda a información e inscricións poderase atopar na OMIX, a través do teléfono 986 610 000, no correo electrónico informacion@aguarda.es ou no perfil de Facebook de OMIX A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario