Entroido Guardés 2019
· Desfiles, gastronomía e moita animación musical
Infogauda / A Guarda
A Guarda da a benvida ao Entroido 2019 cunha ampla programación de actividades para todas as idades nas que se inclúen o tradicional desfile infantil do venres e o desfile-concurso do Martes de Entroido, oferta gastronómica especial en establecementos de hostalaría da vila, así coma actuacións musicais, que nesta edición correrán a cargo de Monk Blues Band, DJ Guille, Orquestra D´Moda e Cé Orquestra Pantasma.
Dende a Concellería de Cultura convídase novamente a toda a cidadanía a participar nesta variada e animada programación para gozar do Entroido Guardés que terá inicio o venres 1 de marzo co Desfile dos Coles a partires das 12:00 horas dende a Alameda ata a Esquina do Galo, coa organización dos Colexios de A Guarda.
A programación continúa o sábado 2 de marzo co «Sábado de Guateque» a partires das 23:30 horas na Alameda, onde os asistentes poderán gozar da música co concerto de Monk Blues Band e posterior pinchada retro a cargo de DJ Guille.
Para a xornada do Domingo día 3 de marzo está programado o «Domingo das Familias», cando a Alameda acollerá unha actuación musical da Orquestra D´Moda a partires das 18:00 horas.
O luns día 4 de marzo, a partires das 18:00 horas, na Alameda, as nenas e nenos terán unha actividade moi especial con Cé Orquestra Pantasma, con obradoiros e festa infantil da man de Matrácala .
Xa para rematar a programación do Entroido Guardés 2019, o martes día 5 de marzo ás 17:30 horas, dende a Esquina Famosa e chegada á Alameda, celebraráse o Desfile-Concurso de Entroido co acompañamento de «Aviadores Tolos» e da Charanga «Vaia Panda».
As inscricións para participar no Desfile-Concurso estarán abertas do 19 ao 26 de febreiro, máis información na web do Concello de A Guarda.
Menú de Entroido
Ao longo de 4 días 6 establecementos de hostalaría da Guarda ofertarán o «Menú de Entroido» que inclúe un primeiro prato de caldo ou empanada, un segundo prato de lacón con grelos e unha sobremesa con filloas ou ourellas de Entroido.
O prezo é de 18€ por persoa e o menú inclúe viño e café.
Nesta edición participan:
· Tapería – Restaurante Arruaz (986 614 571)
· Camping Santa Tecla (986 685 461)
· Celtic (986 611 679)
· La Pizzicata (986 611 534)
· O Cangrexal (986 611 107)
· Restaurante Xantar (986 611 814 ).
Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.
PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2019
VENRES 1 DE MARZO, ás 12:00
DESFILE DOS COLES
Dende a Alameda ata Esquina do Galo
Organizan: Colexios de A Guarda
SÁBADO 2 DE MARZO,
SÁBADO DE GUATEQUE
Concerto de Monk Blues Band
E despois: pinchada retro con DJ Guille
A partir das 23:30 h., na Alameda
DOMINGO 3 DE MARZO
DOMINGO DAS FAMILIAS
Actuación da Orquesta D’Moda
A partir das 18:00 h., na Alameda
LUNS 4 DE MARZO,
LUNS DOS NENOS
Actuación de Cé Orquesta Pantasma, obradoiros e
festa infantil da dan de Matrácala
A partir das 18:00 h. na Alameda
MARTES 5 DE MARZO, ás 17:30h.
MARTES DO DESFILE
Desfile-concurso de Entroido co acompañamento de
“Aviadores Tolos” e a charanga “Vaia Panda”
Ínformate en www.aguarda.es e
participa en algunha das categorías. Dende a Esquina Famosa ata a Alameda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario