TOMIÑO E VILA NOVA DE CERVEIRA ORGANIZAN AS XORNADAS “TURISMO NO CONTEXTO TRANSFRONTEIRIZO CERVEIRA-TOMIÑO”
AS PRAZAS SON LIMITADAS, POLO QUE AS INSCRICIÓNS DEBEN FACERSE PREVIAMENTE VÍA ON-LINE
Infogauda / Tomiño
Tomiño e Vila Nova de Cerveira organizan as xornadas “Turismo no Contexto Transfronteirizo Cerveira-Tomiño”, o vindeiro día 31 de xaneiro.
A recepción dos participantes será ás 09h00 (hora de Portugal), no Castelo de Cerveira. Media hora despois terá lugar a presentación, a cargo do presidente da Cámara de Vila Nova, Fernando Nogueira e da alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
Uxío Benítez, presidente da AECT Baixo Miño, falará sobre a Marca Río Miño, dando paso, a continuación a diferentes mesas de traballo (ver programa adxunto).
As prazas son limitadas, polo que as incricións poden facerse premendo eiquí, preenchendo un formulario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario