25 de xan. de 2019

TURISMO

O XEODESTINO RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO ARRANCA EN FITUR 2019 O SEU PLAN ESTRATÉXICO DE TURISMO 

ALCALDES E ALCALDESAS DOS MUNICIPIOS INTEGRADOS NO XEODESTINO RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO DÉRONSE CITA NO STAND DE GALICIA 

Na imaxe algúns dos representantes municipais dos municipios integrados no Xeodestino Ría de Vigo - O Baixo Miño
Foto: C. T.

Infogauda / O Baixo Miño

 Alcaldes e alcaldesas representantes dos municipios integrados no Xeodestino deron onte xoves 24 de xaneiro de 2019 os primeiros pasos cunha reunión de traballo no stand de Galicia na feira celebrada en Madrid.  

 O obxectivo é que o Xeodestino poida presentar en Fitur 2020 produtos comercializables que xurdan do propio Plan Estratéxico de Turismo.  

 A elaboración do Plan será aberta e participativa e terá un enfoque eminentemente práctico que desembocará na creación dunha serie de produtos estrela do xeodestino.  

 Os alcaldes e alcaldesas dos municipios integrados no Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño reuníronse este xoves 24 de xaneiro no stand de Galicia na Feria Internacional de Turismo de Madrid, Fitur 2019, para dar o pistoletazo de saída e comezar a creación dun Plan Estratéxico de Turismo que definirá as liñas mestras coas que todos os municipios implicados (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui) buscarán a atracción de visitantes nos próximos exercicios. A realización desta acción conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.  

 O obxectivo final do Plan é mellorar a competitividade turística do xeodestino Ría de Vigo – Baixo Miño desenvolvendo produtos turísticos comercializables. Todos estes productos terán como base os recursos turísticos do patrimonio, da cultura e de espazos naturais e paisaxísticos, así como de elementos identitarios e de tradición. Igualmente contarase cos axentes do sector para a súa posta en marcha en diversos mercados.  

 Varios son os retos aos que se enfronta o xeodestino: a mellora na experiencia turística do visitante, a sustentabilidade omnipresente no sector turístico, a mellora na comercialización de produtos tanto en mercados nacionais como internacionais, a promoción dunha oferta de calidade, etc..  

Ningún comentario:

Publicar un comentario