ROMARÍA NA HONRA DE SAN VICENTE
O domingo día 27 de xaneiro de 2019
Ricardo Rodríguez Vicente / Marzán (O Rosal)
Con grande satisfacción deixamos constancia de que os membros da comisión organizadora da romaría na honra de San Vicente, xa teñen todo disposto para conmemorar, un ano máis, á festividade do diácono mártir, que segundo nos refire a haxiografía (historia da vidas dos santos), foi martirizado, finando en Valencia, o 22 de xaneiro do 304, logo de ser perseguido polas tropas dos emperadores Gaio Valerio Aurelio Dioclés, coñecido como Diocleciano - quen a súa vez, seguiu as ordes decretadas polo césar Galerio - e Maximiliano.
San Vicente Mártir (Huesca s. III - Valencia, 22 de xaneiro do 304) é o patrón de Valencia, Lisboa, Sigüenza,..., entre outras localidades, ademáis da Orde dos Diáconos de Bérgamo (Italia), e dos viñateiros, xastres e modistas.
Súa festividade é o 22 de xaneiro, que neste caso, por ser día laborable, conmemórase o domingo día 27.
Na iconografía vicentina, acostuma a ser representado coas vestimentas do seu rango, sostendo na súa man - neste caso a dereita - unha palma, símbolo de tódolos mártires. Xunto á figura do mártir acostuma haber un corvo, e tamén pode aparecer representado sostendo unha moa de muiño, que simbolizan seu longo e penoso martirio.
En Marzán (O Rosal), o culto a San Vicente - que significa vencedor -, diácono mártir de Zaragoza, en tempos do bispo Valero, é moi antigo e vense conservando o longo dos séculos. En todo caso, os devotos do santo, acudirán o domingo día 27 de xaneiro de 2019 ata á ermida, onde dende primeiras horas da mañá, haberá música ambiental. E arredor das 10:00 horas, actuará o Grupo de gaitas Do Lusco ó Fusco, de A Guarda.
Ás 11:30 horas, dará comezo a misa solemne, que contará coa participación da Coral da Agrupación Musical do Rosal. O remate da eucaristía terá lugar á poxa de productos típicos do Rosal.
O longo da romaría serviranse deliciosos callos caseiros.
Unha salva de bombas de palenque porá punto e final a esta romaría, e logo cada quen, continuará a celebración co xantar familiar ou cos amigos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario