21 de xan. de 2019

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

Bo comezo de A Guarda Hockey Liña na Liga Galega Infantil

· A pesares do grande nivel dos seus rivais os guardeses acadaron o pleno de victorias na súa visita ó pavillón Daniel Cordido de Lugo

Adestrador e compoñentes do A Guarda Hockey Liña
Foto: A.H.L.

Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 Os nenos e nenas de A Guarda Hockey Liña debutaron onte domingo na Liga Galega de Hockey Liña na categoría infantil.  

 A pesares do grande nivel dos seus rivais os guardeses acadaron o pleno de victorias na súa visita ao pavillón Daniel Cordido de Lugo, vencendo por un cómodo 4-0 o equipo local CHL Meigas. Xa no inicio da tarde lograron a victoria por un axustado 3-4, en esta ocasión fronte ós Trasnos de Ribadeo, nun partido moi igualado e con emoción ata o final.  

 Seis puntos de seis posibles e boa sintonía sobre a pista dos nenos e nenas da Guarda, que seguirán adestrando para os vindeiros compromisos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario