20 de xan. de 2019

O ROSAL

A Xunta de Galicia comeza o acondicionamento das beirarrúas na travesía do Rosal para mellorar a seguridade viaria e a mobilidade dos veciños 

Estes traballos, cun prazo de execución dun mes aproximadamente, contarán cun investimento duns 34.000 euros Trátase do arranxo das beirarrúas da rúa Ramón Franco, na estrada PO-354, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 2+750 e 2+85  

A intervención centrarase na demolición da beirarrúa actual, a instalación dun novo colector para a recollida das augas de drenaxe e a reposición da infraestrutura  

Para a execución dos traballos será precisa a instalación nalgúns momentos puntuais dun semáforo, dando paso alternativo por un dos carrís de circulación  

A Xunta, coa realización destas obras, dálle resposta a unha solicitude do Concello do Rosal, solucionando así as carencias en infraestruturas deste municipio

Infogauda / O Rosal

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia esta semana as obras de acondicionamento das beirarrúas na travesía do Rosal co fin de mellorar a seguridade viaria e a mobilidade dos veciños.  

 Estes traballos, que se levan a cabo no marco dun contrato de conservación da Xunta de Galicia, contarán cun investimento duns 34.000 euros.  

 As obras teñen un prazo de execución dun mes aproximadamente e para a súa execución será precisa a instalación nalgúns momentos puntuais dun semáforo, dando paso alternativo por un dos carrís de circulación.  

 Trátase do acondicionamento das beirarrúas da rúa Ramón Franco, na estrada PO-354, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 2+750 e 2+85, que se atopan deterioradas por mor do paso do tempo.  

 A intervención centrarase na demolición da beirarrúa actual, a instalación dun novo colector para a recollida das augas de drenaxe e a reposición da infraestrutura obxecto da actuación.  

 O Goberno galego, coa realización destas obras, dálle resposta a unha solicitude do Concello do Rosal, solucionando así as carencias en infraestruturas do municipio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario