PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 21 AO VENRES 24 DE XANEIRO DE 2019
Mércores, 23
19:30 horas
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acollerá a pesentación do libro “LOS PAVOS TRUFADOS” de Vicente Araguas, publicado pola editorial Lastura, no que o autor, doutor en Filoloxía Inglesa, poeta, xornalista e crítico literario ofrece unha selección de textos que tratan sobre a idade do pavo nos adolescentes, auténticos protagonistas da obra.
Intervirá, xunto con Vicente Araguas, a editora Lidia López Miguel.
Xoves, 24
18:00 horas
Presentación de “Muxía camiñando Cara ó Mar # Muxía destinoslow”, unha acción de dinamización turística promovida polo Concello coruñés de Muxía e a Asociación Muxía Natural Turismo, para dar a coñecer a zona como destino experiencial, grazas aos recursos locais náuticos-recreativos, culturais e a súa biodiversidade.
A Costa da Morte en xeral e Muxía en particular, sempre foi inicio ou fin de rutas, e agora ofrece co lema “Muxía, historia, tradición e cultura”, experiencias únicas, por exemplo o ser mariñeiro ou percebeiro por un día.
Intervirán: Carmen Pita, directora de Turismo de Galicia; Félix Porto, alcalde de Muxía; Óscar L. Guitián, presidente da Rede Nacional de Paradores; Manuel Jesús Lema, presidente Muxía Turismo Rural; e Francisco Canabal, membro Clúster Turismo de Galicia.
Xoves, 24
19:30 horas
Presentación do “Evento Histórico Cultural Ribadeo Indiano”, polo Concello lucense de Ribadeo, unha vila transformada grazas á emigración retornada. O Concello, xunto con ACISA, (Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo) queren dar a coñecer, a nivel internacional, unha celebración cultural e festiva posta en marcha fai un lustro e que conta con tres grandes obxectivos: poñer en valor o rico legado emigrante; os valores traídos, como integración, solidariedade ou interculturalidade; e compaxinar a memoria do pasado coa creación dun próspero futuro. A profunda pegada dos emigrantes que volveron céntrase en numerosos aspectos que chegaron ata os nosos días: urbanístico, cos seus magníficos edificios, innovación empresarial, cultura, música, educación; sen esquecer o asociacionismo ou a promoción social.
Intervirán: Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo; Ana María Martínez, concelleira de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio; e Francisco Miguel Iriarte, presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario