17 de xan. de 2019

DEPORTES

FÚTBOL

PRIMEIRA AUTONÓMICA - GRUPO 5º

O SPORTING GUARDÉS RECIBE O U. D. MOS

Domingo día 20 de xaneiro ás 4,15 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Sporting Guardés volta a xogar no seu feudo este vindeiro domingo día 20 de xaneiro de 2019, ás 4,15 da tarde. Faráo fronte o U. D. Mos.

 Para situarnos, compre decir que o Sporting Guardés, figura na 9ª posición da táboa clasificatoria, con 28 puntos - igoal que o Caselas -, e un balanzo provisorio de 7 victorias, 7 empates e 4 derrotas. En canto a goles conqueriu 31 a favor e 19 en contra.

 Pola súa banda o U. D. Mos, figura no 14º posto da táboa, con 14 puntos, tendo colleitado 3 victorias, 5 empates e 10 derrotas. No que respecta a goles contabiliza 15 a favor e 30 en contra.

 Dito isto, o favorito da 19ª xornada de liga 2018-2019, é, sen lugar á dúbidas, o Sporting Guardés. De tódolos xeitos, o equipo locatario deberá pór toda carne no asador para non deixarse sorprender polo U. D. Mos, e tentar conquerir o mellor resultado posible, tendo en conta que non hai rival pequeno. Polo tanto nada de confianzas, xa que compre ir sumando puntos para acadar o posicionamento axeitado na táboa clasificatoria. E o mesmo tempo, darlle unha ledicia os siareiros guardesistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario