23 de xan. de 2019

EMPREGO

O Concello de A Guarda contratará a 15 traballadores 

· Ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra 


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda contratará proximamente a 15 persoas desempregadas grazas ao Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais da Deputación de Pontevedra.  

 Neste senso o Concello de A Guarda pedirá traballadores para axudantes do camión do lixo (2), oficiais de albanel (1), peóns de desbroce (1), varredores (2), limpeza de praias (4), auxiliares de Cultura(1), animadores socioculturais(1), técnicos informáticos(1) e técnicos de información de Turismo(1).  

 Dependendo do posto a desempeñar a xornada será parcial ou completa e a duración do contrato oscila entre os 6 e os 9 meses.  

 Todas as persoas interesadas a optar a un destes postos de traballo deberán de estar inscritas coma demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia nas categorías da seguinte táboa e empadroadas no Concello da Guarda. Estes  requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.  

PLAN CONCELLOS 2019 LIÑA 3: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS (Deputación de Pontevedra)  Contratación de traballadores desempregados. PETICIÓN

Posto
CNO
Ocupación
Categoría
Meses
Xornada
2
Axudantes Camión Lixo
83321151

Operarios de vehículos de limpeza viaria
70
Axudante
9
Completa
1
Oficial Albanel
71211015
Albaneis
60
Oficial de terceira
9
Completa
2
Peóns desbroce
95431028

Peóns forestais
80
Peóns
9
Completa
2
Varredores
94431016

Varredores
00
Non determinada
9
Completa
4
Limpeza Praias
94431016
Varredores
00
Non determinada
6
Parcial (25h/s)
1
Auxiliar Cultura
45001019
Auxiliar administrativo
70
Axudante
9
Completa
1
Animador Sociocultural
37151038
Animador Socio cultural
00
Non determinada
8
Completa
1
Técnico Informático
27211018

Administradores de sistemas de redes
00
Non determinada
8
Completa
1
Técnico información Turismo
58251029
Guías de turismo
00
Non determinada
8
Completa
15








BENEFICIARIOS 

Persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario