23 de xan. de 2019

DEPORTES

JUDO

Novos éxitos do Club de Judo Baixo Miño

PRATA PARA IAGO ÁLVAREZ E VERÓNICA PÉREZ, NA COPA DE ESPAÑA CADETE DE JUDO   

Verónica Pérez e Iago Álvarez, coas súas respectivas medallas de prata que acadaron na Copa de España A cadete de Judo, celebrada en Hondarribia
Foto: C.J.B.M.

Mónica Pacheco Lomba / A Guarda

 O pasado sábado día 19 de xaneiro de 2019, celebrouse en Hondarribia a Copa de España A cadete, unha das sete probas puntuables que hai durante a tempada.

 Do Club de Judo Baixo Miño participaron seis judokas: Alba González, Nerea Romero, Miguel Portela, Noa González, Verónica Pérez e Iago Álvarez. 

 A actuación dos nosos judokas foi moi boa, sendo de destacar os resultados de Noa González, sétima en -63, colocándose oitava do ránking nacional; Iago Álvarez en -73 que se alzou coa medalla de prata e que co quinto posto da Copa de España de Pamplona colócase en 4º posto no ránking nacional; e Verónica Pérez que leva moi boa tempada. De catro Copas de España que disputou conseguiu dúas pratas e dous quintos postos, situándose en 4º lugar do ránking nacional. 

 Parabén a todos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario