23 de xan. de 2019

TURISMO

A Guarda está presente na 39ª edición de FITUR  

· O Concello de A Guarda participa na Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano, do 23 ao 27 de xaneiro, celebra a súa 39ª edición 

Vista parcial do barrio de pescadores de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Un ano máis A Guarda publicítase no stand de Turismo de Galicia. Ademais este xoves ás 12.00 horas tamén estará presente no acto organizado pola Deputación de Pontevedra onde se promocionará o Destino Rías Baixas como Destino gastronómico dentro da campaña "Fame de Experiencias" no que o Concello de A Guarda estará patente grazas a nosa importancia gastronómica e tamén a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, declarada de Interese Turístico de Galicia.


 Durante estas xornadas a delegación guardesa, formada polo alcalde, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Mª Teresa Vicente Baz, manterán diversas reunións con axencias e maioristas en turismo cultural, ornitoloxía e cruceiros, ademais de asociacións de turismo para potenciar a promoción de A Guarda como destino turístico. 

 Trala recente creación do Xeodestino Ría de Vigo - Baixo Miño este é o primeiro ano que haberá un espazo adicado ao Xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño onde os 14 concellos promocionaranse conxuntamente. 

 Aproveitando esta ocasión foi convocado para este xoves ás 18:00 horas, no stand de Galicia unha reunión de traballo institucional do Xeodestino da Ría de Vigo-Baixo Miño onde estarán todos os alcaldes e a empresa responsable da elaboración do Plan Estratéxico informará das actuacións previstas. Ademais a técnico de Turismo de A Guarda, Rosalía Verde, asistirá á reunión técnica dos Destinos EDEN que cada ano se convoca coincidindo coa celebracion de FITUR.

Ningún comentario:

Publicar un comentario