21 de xan. de 2019

DEPORTES

O TOMIÑÉS DAVID DOMÍNGUEZ LINDO CAMPIÓN GALEGO DE BÁDMINTON SUB 9 

OS DÍAS 16 E 17 DE FEBREIRO, DAVID DISPUTARÁ O CAMPIONATO GALEGO SUB 11, COMPETINDO CON NENOS E NENAS DOUS ANOS MAIORES CA EL, CO FIN DE PARTICIPAR NO CAMPIONATO DE ESPAÑA 

David Domínguez Lindo, campión galego de Bádminton Sub 9
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño

 O tomiñés David Domínguez Lindo, de 8 anos de idade, vén de converterse en campión galego de Bádminton Sub 9, tras participar no campionato celebrado en Ourense os días 12 e 13 de xaneiro. O deportista logrou impoñerse tanto en individuais, coma en dobres masculino; nesta última proba, co seu compañeiro Guillermo Valdés.  

 Os días 16 e 17 de febreiro, David disputará o Campionato Galego Sub 11, en Ponteareas, competindo con nenos e nenas dous anos maiores ca el, co obxectivo de participar (nesa categoría) no Campionato de España, que este ano se celebra en Galicia. O deportista segue os pasos de seu irmán Hugo Domínguez Lindo, que comezou no bádminton hai uns anos, e que proximamente participará no Campionato Galego Sub 17 e Sub 15, e no Campionato de España.

Ningún comentario:

Publicar un comentario