O TRATO QUE A XUNTA DE GALICIA LLE DÁ O BAIXO MIÑO É INSATISFACTORIO
ASÍ O AFIRMOU NA SÚA VISITA Á GUARDA, ABEL LOSADA ÁLVAREZ, DEPUTADO DO GRUPO PARLAMENTARIO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA

· O alcalde expuxo ás necesidades que ten A Guarda
De esq. a der.: Abel Losada Álvarez, deputado no Parlamento galego, polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, e Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda

Abel Losada Álvarez, deputado no Parlamento galego, polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia visitou A Guarda, este mércores día 9 de xaneiro de 2019. E no decurso dunha rolda de prensa na sede da Agrupación Socialista, acompañado polo alcalde Antonio Lomba Baz e diante dos concelleiros Monserrat Magallanes Álvarez e Miguel Ángel Español Otero; do secretario de organización da agrupación socialista guardesa, Iván Rodríguez González; e de varios militantes do PSdeG-PSOE; fixo unha diagnose crítica do "trato insatisfactorio que a Xunta de Galicia lle dispensa o Concello de A Guarda, en particular, e a comarca do Baixo Miño, en xeral". Trato que en verbas do referido parlamentario, e segundo os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, non se corresponde nin na cuantía nin na concreción, co que a Xunta de Galicia prevé para outros concellos e comarcas galegas.
O alcalde Antonio Lomba, ademáis de agradecer a visita de Abel Losada, do que dixo que é o deputado que nos corresponde o Baixo Miño, e do que salientou súa total disposición para vir ata A Guarda, cada vez que se lle invita; tamén puxo negro sobre branco "(...) que é o que o que nós lle pedimos a Xunta de Galicia e que é, o que nos responde. Que lle pedimos para o 2019, pero que é o que desde que me toca a min solicitarllo estes últimos anos (...)".
O rexedor guardés relembrou que "(...) a Xunta de Galicia fai uns orzamentos e nestes orzamentos, a verdade é que nos últimos anos non ten aparecido nada [para A Guarda]. Cando apareceu algunha partida, coido que foi no 2016, para a Vía de Alta Capacidade, desviáronse para outro sitio. E [a Xunta de Galicia] non está respondendo as demandas que eu considero lexítimas, dos cidadáns de A Guarda, e por suposto, por extensión, dos cidadáns do Baixo Miño incluso. Non está respondendo as expectativas que temos ou as que eles mesmos teñen en programación de obras.
VÍA DE ALTAS PRESTACIONS
Falamos sempre de grandes actuacións, e por iso lle corresponden a Xunta de Galicia. E en primeiro lugar, eu coido que á actuación máis importante para á Guarda é á Vía de Altas Prestacions. A nós levounos dous anos, desde o comezo da lexislatura, desbloquear esta actuación. Había unhas actuacións previstas para o 2018, que non se cumpliron, e fai un par de semanas estivemos con Francisco Menéndez, que é o director da Axencia Galega de Infraestructuras, pedíndolle contas sobre esta vía e sobre outra cuestión que comentarei, e non se cumpliron. Houbo retrasos, culpa da empresa,... Sí se comprometeu que en 2019 ía haber actuacions, e eu espero que as haxa en 2019, e serían estas actuacions, que el se compromete para este ano:
· O enlace, que nós lle chamamos de Areas, do polígono de Areas coa autovía e a redacción do proxecto de execución dos desdoble da recta de Figueiró, que é a zona de autovía urbana que irá do cruce de Estás ata o cruce con Goián. Comprometeuse a eso, máis logo poñer en marcha o estudo ambiental do tramo intermedio que queda. Esperemos que en 2019 cumplan eses compromisos.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
E teño tamén o compromiso personal do [daquela] conselleiro de Política Social, en relación á Escola Infantil Municipal. Hoxendía a ratio que temos nós en relación o número de plazas por habitante, e veñen sendo, ainda que varían dun ano a outro, entre 17 e 20. O que recomenda a Unión Europea é un 35. O compromiso do presidente da Xunta de Galicia e o conselleiro de Política Social anterior e que ían tentar levar a tódalas comarcas e vilas esta ratio. Nós témola incumplida. Temos un compromiso do conselleiro de que ía construir eiquí unha Escola Infantil Municipal. Puxémonos co proxecto. Témolo redactado. Temos o proxecto de execución preparado e agora, estábao comentando con Abel [Losada Álvarez] que non sai nos orzamentos deste ano, a pesar de que é un compromiso... Por iso nós chamamos cada dous ou tres días, dende que nomearon nova conselleira, para que nos den cita para decidir que é un compromiso deles o subir esta ratio.
Cales son as consecuencias? Coñecémolas todos. Temos nenas/os da Guarda no Rosal, en Oia, en Goián,... e algún que vai a algunha escola infantil de Portugal. É máis, cónstame que teñen [na Xunta de Galicia] algunhas queixas, dalgunhas destas vilas da contorna, de que van nenas/os da Guarda, a ocupar plazas que podían ocupar nenas/os dalgunhas destas localidades que acabo de nomear.
ACCESO SUR O PORTO DE A GUARDA
Ademáis destas dúas cuestions, que están moi faladas e moi tratadas con eles, empezamos xa a facer xestions tamén, o outro día con Francisco Menéndez e xa tivemos unha reunión coa conselleira de Pesca, e teremos que ter outra, sobre outra infraestructura que vai ser fundamental para A Guarda: o acceso sur ao porto da Guarda. É unha infraestructura que está vencellada á rúa Concepción Arenal e vai permitir que ésta funcione como debe funcionar. Como unha rúa urbana. Temos o proxecto redactado e valorado. Está en fase de información. Agora mesmo está de forma ambiental. Ese proxecto estaría preparado para que este ano, cando a Xunta o estimase, sacalo a licitación.
Este proxecto non pode licitalo o Concello porque é un proxecto de ámeto supramunicipal, dado que non está incluido no noso Plan Xeral. Podería executalo, digamos capitanealo, Deputación ou Xunta de Galicia. Nós pensamos que é a Xunta de Galicia quen ten que capitanealo porque é a infraesctructura que vai dar acceso e servizo ó porto de A Guarda. E que lle fai moita falla. É verdade que lle fai moita falla á hostelaría, aos restaurantes,..., pero tamén para o desenvolvemento do propio porto, fai moita falla.
SENDA PEONIL NA CIRCUNVALACIÓN O MONTE SANTA TREGA
Na reunión con Francisco Menéndez, comentei un proxecto que se leva falado moito - ainda onte decía Montse [Magallanes Álvarez], "se non o fan eles, teremos que facelo nós"-, que é a senda de Circunvalación o monte Santa Trega. Tamén se comprometeu que en 2019 ía haber unha serie de actuacions de sendas peonís e ía a incluir este proxecto que nós lle pedíamos nesa serie de actuacions que van ter na comarca. Eu espero que sexa verdade porque á necesitamos. Por unha cuestión básica, de seguridade.
Nós temos unha vía [Estrada de Circunvalación] pola cal non pode pasar un autobús por outro, sen que un dos dous vehículos saia da estrada, porque non caben dous. É un sitio polo que circula moita xente, sobor de todo no verán. Nenas/os que van a praia, ou toda a poboación que quer ir a Camposancos camiñando.
Nós tamén pensamos que esta é unha actuación fundamental de seguridade vial e esperemos que non teña que haber algúns accidente grave para que eles asuman esta vía. Digo esto porque el comentou que un dos criterios que se tiñan en conta para acometer este tipo de actuacions, era por número de accidentes. Eu díxenlle que non me valía como criterio.
A GUARDA DEMANDA UN AUDITORIO
Aparte disto, nós nas enmendas os orzamentos, que son ambiciosas, pero que son proxectos que eu coido que están no sentir da Guarda, pedímoslle tamén un auditorio. A Guarda ten que telo. Tivemos contacto coa conselleira, contactos coa directora xeral de Urbanismo e non conquerimos ningún compromiso. Non conquerimos nada, pero seguimos pelexándonos para eso.
POLÍGONO INDUSTRIAL A GUARDA - O ROSAL
E falamos - eu falei moito o comezo da lexislatura, agora xa deixo á Xunta como interlocutora e pasámonos o círculo de empresarios, sobor de todo a Zona Franca - da necesidade de habilitar terreo industrial para A Guarda. O polígono industrial da Guarda está sen desenvolver. E a intención deles, parece que non é desenvolvelo a curto prazo, pero seguimos tendo esa necesidade de un polígono industrial compartido entre A Guarda e O Rosal.
DOTACIÓNS DE SERVIZOS O MONTE SANTA TREGA
E logo tamén hai unha demanda da que nestes días estáse falando moito, que é a dotación de servizos (abastecemento de agua potable, electricidade, comunicacións e sumidoiro) o monte Santa Trega.
Como se sabe o anterior concesionario do hotel Pazo deixou esa concesión. Agora quérese facer unha nova concesión e unhas das condicions que poñen esas empresas que están interesadas no hotel é ter eses suministros. Normal, non podes ter un hotel sin agua.
Este é un proxecto que leva redactado no Concello desde o 2013 ou 2014, xa non sei nin desde cando. Témolo aí. Intentamos buscarlle financiamento. Non o conquerimos. E ademáis é algo que vai incluido tanto nas enmendas ao orzamento do goberno da Xunta, como témolo incluido tamén o goberno central, porque pensamos que o Trega é un Ben de Interese Cultural e cabería esa posibilidade.
Todo isto lle incluimos como enmendas os orzamentos da Xunta, ou tamén facemos xestions para conquerilo.
"A XUNTA DE GALICIA TÉNNOS MOI ABANDONADOS"
Eu penso que hai que esixirlle [a Xunta de Galicia] que cumpla algúns dos seus compromisos. Neste caso céntrome na Vía de Alta Capacidade e na Escola Infantil Municipal. Creemos que o acceso sur o porto tamén é algo que deben comprometerse. Pensamos que A Guarda necesita todo o que decimos eiquí e máis. Pero polo menos que a Xunta se empece a fixar na Guarda, na comarca do Baixo Miño, porque a nosa reflexión de sempre é que nos ten moi abandonados. Esta lexislatura notouse especialmente, porque grazas a Deputación de Pontevedra que acometeu unhas actuacions que para nós eran importantes. Incluso á redacción do proxecto do acceso sur ao porto, senón seguiríamos olvidados. Moi olvidados, neste sitio tan fermoso e tan emblemático para Galicia, e a vez, tan illado por causa dalgunha das obras que comentamos eiquí (...)".
O BAIXO MIÑO: UNHA COMARCA ESQUECIDA
Logo da intervención do alcalde de A Guarda, ser parlamentario Abel Losada quen logo de salientar que "(...) unha parte do traballo dos deputados autonómicos é a conexión coa realidade territorial que a cada un de nós nos toca (...)", faría unha valoración, "(...) comezando por onde rematou o alcalde. Probablemente a comarca do Baixo Miño, en termos de inversions, con nomes e apelidos xeográficos, non fotos xerais que se poden disfrazar, e logo falaremos diso; unha das comarcas máis esquecidas, sen lugar a dúbida é O Baixo Miño. Concretamente máis alá dos 3.088.758,00 euros, para a Vía de Alta Capacidade, de Tui-A Guarda. Únicamente aparecen dúas actuacions no concello de Tui, directamente relacionadas coa moción de censura, porque é evidente que non aparecían nos anteriores, e non aparece nada máis. É decir, non hai ningún investimento, nin no capítulo 6 nin no capítulo 7, na Guarda, nos orzamentos que presentou e aprobou inicialmente, o Consello da Xunta, que se tramitaron no Parlamento, sendo aprobados pola maioría absoluta do Partido Popular.
Probablemente as razóns son de moitos tipos. Hai unha moi clara. Hai un sesgo de favorecer aqueles concellos con gobernos e alcaldes do Partido Popular. Son datos e hai estatísticas, por moito que aleguen discursivamente. As porcentaxes son evidentes. Non fai máis que ver os datos.
DISCRIMINACIÓN SISTEMÁTICA DA XUNTA DE GALICIA
E neste caso concreto do Concello de A Guarda, como decía o alcalde, as enmendas presentadas, aparte da propia fundamentación e a necesidade das mesmas, son enmendas que xa levamos presentando de maneira recurrente durante diversos orzamentos, que votan sistemáticamente que non. E desde logo nós entendemos que se trata dunha discriminación sistemática da Xunta de Galicia. Alí onde goberna o Partido Popular a Xunta invita, e de vez en cando, paga. Pero alí onde non goberna o Partido Popular a Xunta invita e teñen que ser os concellos os que paguen. Sempre digo que reto a datos enriba da mesa. Ao mellor por deformación profesional, prefiro números que discursos. Sempre son máis obxectivables.
PRESENZA ORZAMENTARIA FANTASMA
No caso da Vía de Alta Capacidade, como decía o alcalde, é unha infraestructura que ven arrastrando presenza orzamentaria durante moito tempo nos últimos anos. Unha presenza orzamentaria fantasma. Houbo un ano que efectivamente foi moi evidente o traslado deses fondos desta vía a outra infraestructura de estradas, de autovía neses caso, pero o certo é que en anos no que non era tan espectacular porque os fondos non ían directamente a outra obra, a través de modificacións presupuestarias se usaban para fins diferentes, desde amortizar débeda ata pequenos investimentos. É decir, por decilo dalgunha manera se licuaban (...)".
Javier Losada dixo que os 3.088.758,00 euros "(...) non son suficientes, en absoluto, para estas demandas da conexión de Areas coa A-55, que é unha obra de certa envergadura.
O tramo desde a autovía ata o final, e decir, o tramo que xa está explanado, na medida en que leva bastantes anos abandonado, ten xa uns costes de recuperación como se pode comprobar en Google Earth, onde o trazado xa se confunde literalmente coas viñas próximas. Porque unha obra que quedou sen consolidar, lóxicamente se vai deteriorando co tempo.
E logo ademais está todo ese novo proxecto dese trazado entre Goián e Estás. Aí sí que falamos dunha cantidade de fondos relativamente pequena, pero é verdade que se presentou [recramacions] polos alcaldes da zona, pero coido que logo desa presentación, non houbo máis novas. É decir, segue literalmente no limbo (...)".
Abel Losada afirmou que "[na Xunta] deron a calada por resposta. A veces mintem, pero neste caso nin eso.
E polo tanto quero relembrar que esta Vía de Alta Capacidade leva na axenda política desta Comunidade Autónoma, dende o ano 1996 (...)".
Losada amosou seu "(...) escepticismo ante os fondos e escepticismo ante a traxectoria ata agora. Evidentemente foi dunha parálise sistemática (...)".
PROGRESIVA CONSOLIDACIÓN DO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA
Respecto o dotación de servizos o monte Santa Trega, Abel Losada relembrou que "o conselleiro de Cultura e Turismo, que probablemente será o conselleiro do Xacobeo 2021, porque sempre está falando diso, recramou no Parlamento a necesidade de facer aportacions sobre a recuperación de recursos turísticos que consolidaran os camiños. Eu creo que coa progresiva consolidación do Camiño Portugués pola Costa, o monte Santa Trega, probablemente, é o recurso turístico - xunto co mosteiro de Oia -, máis relevante entre o río Miño é prácticamente á cidade de Pontevedra. Alí desde logo estaremos atentos a estas dúas obras das que falaba o alcalde, tanto nos servizos para o propio monte [Santa Trega], como na área perimetral da base do mesmo, por si puderan incorporarse esas obras de cara o Xacobeo (...)".
Javier Losada dixo que desde o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentarán propostas para tentar acadar que se fagan realidade as infraestructuras das que falou o alcalde, si ben ás posibilidades de éxito son limitadas, debido "o rodillo" sistemático que aplica o goberno galego ás propostas dos partidos da oposición.
Finalmente o alcalde dixo: "Nós temos unhas necesidades claras. Eu trato de buscar un interlocutor na Xunta. Sígoo buscando. A veces atopo un intercolutor e veña "picar pedra". Ainda que vai lento, vamos picando, caso da Escola Infantil, conseguimos o proxecto. E decir, que non aparezan nos orzamentos non quer decir que non se vaian a conquerir ás actuacions. Vamos avanzando.
O meu esquema mental é: nos escollemos ás necesidades e poñémonos a traballar (...)".

Ningún comentario:
Publicar un comentario