10 de xan. de 2019

LABORAL

O persoal da limpeza dos colexios públicos do Concello de Vigo mobilízase polo despido dun compañeiro 

Onte concentráronse diante da concesionaria, Mantelnor, e proximamente farano no consistorio

Vista parcial das persoas que se concentraron diante da sede de Mantelnor
Fotos: CIG

Infogauda / Vigo

 O cadro de persoal de limpeza dos colexios públicos e escolas infantís do Concello de Vigo desenvolveu onte unha concentración na sede de Mantelnor, a empresa concesionaria do servizo, para rexeitar o despedimento dun compañeiro e reclamar a súa inmediata readmisión. As traballadoras/es volverán mobilizarse diante da compañía o próximo mercores 16, mentres que os vindeiros días 23 e 30 farano no consistorio para demandar a implicación do Goberno local.

O cadro de persoal de limpeza dos colexios públicos e escolas infantís do Concello de Vigo desenvolveu onte unha concentración na sede de Mantelnor

 Dende o comité de empresa de Mantelnor, presidido pola CIG, consideran que é un despido totalmente inxusto xa que se tratou dunha “medida drástica” ao non existir advertencia previa ao afectado “mediante sanción ou amoestación por escrito”.  

 Diante disto, a representación dos traballadores/as reclama a inmediata readmisión do despedido e instan a empresa a aplicar outra medida "menos drástica" no caso de que o considere oportuno.  

 Finalmente, anuncian que as mobilizacións continuarán este mes con concentracións de novo diante da sede de Mantelnor, na rúa Camelias 42, o próximo mércores 16, mentres que para os días 23 e 3o teñen pensado desenvolver protestas diante do Concello para reclamar a implicación do Goberno local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario