10 de xan. de 2019

A GUARDA

O Concello instala 5 contedores de recollida de roupa e téxtiles usados e calzado


Na imaxe un dos contedores para á recollida selectiva de roupa, téxtiles usados e calzado
Foto: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O servizo de recollida selectiva de roupa e téxtiles usados comezou fai uns días na Guarda coa instalación de 5 contedores en varias rúas do municipio. 

 Esta medida se tomou dende a Concellería de Medio Ambiente ante o elevado número de quilos recollidos no punto limpo da Guarda deste tipo de materiais, o que motivou a facilitar a veciñanza desfacerse da roupa, téxtiles usados e calzado, para a súa posterior reciclaxe, depositándoos en bolsas de plástico pechadas. 

 Neste senso instaláronse 5 contedores, emprazados no aparcamento da rúa Malteses do porto de A Guarda (O Reghiño), e nas rúas Doantes de Sangue, Puerto Rico, Alcalde Manuel Álvarez e Julia Vaquero.  

 O Concello da Guarda considera que coa instalación destes contedores mellorarase este servizo e facilitarase tamén a reciclaxe destes materiais, tendo unha previsión de aumentar o número deste tipo de contedores as demáis parroquias da vila proximamente, dentro da folla de ruta da Estratexia Europea 2020 e nas medidas recollidas no paquete de economía circular.  

 Estes contedores están pensados para depositar roupa e téxtiles usados, así coma tamén zapatos, un servizo de recollida selectiva realizado pola empresa TEXLIMCA S.A., encargada da recuperación e reciclaxe deste tipo de materiais.  

 A concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda continúa deste xeito coa mellora das taxas de reciclaxe, contando ademais cun dos puntos limpos de referencia a nivel autonómico. O Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia 2010-2020 (PXRUG), establece as bases para impulsar a xestión de residuos urbanos en Galicia, facendo especial fincapé na prevención e a valorización dos residuos, accións que van en consonancia co PEMAR, Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario