10 de xan. de 2019

A GUARDA

ANTONIO LOMBA: “NOS NOVOS ORZAMENTOS, A XUNTA SEGUE SEN RESPONDER AS DEMANDAS DA CIDADANÍA GUARDESA” 

Abel Losada: “Parece que a Xunta non o entende que a actuación máis importante para toda a comarca é a Via de Alta Capacidade” 


Agrupación Socialista da Guarda

 Neste 2019 cumplense 10 anos de goberno de Alberto Nuñez Feijoo, polo que Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Abel Losada, parlamentario autonómico socialista, fixeron balance desta década respostando as preguntas dos medios de comunicación achegados a sede socialista guardesa. Entre as moitas promesas feitas pola Xunta que nunca chegaron, Antonio Lomba sinalou como principais prioridades o remate da Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda e unha nova Escola Infantil Municipal. 

 A poucos meses do final da lexislatura, Antonio Lomba remarcou respecto a VAC, os anos de espera para rematar a conexión con Goian. “Tardamos moito en desbloquear o compromiso de que se retomaran as actuacións dende Tui, pero logo observamos como as previstas para 2018 (a conexión en Areas) non se executaron e así seguimos.” Antonio agradeceu o traballo destes anos do grupo parlamentario en Santiago e animou a seguir buscando este compromiso para a comarca. “Esperamos que cumplan o prometido en 2019 e deixar de ser unha vila illada de servizos básicos esenciais como o noso hospital de referencia ou a universidade.” 

 Abel Losada tamén salientou a situación de abandono da comarca en cuanto a inversións directas autonómicas. “Sen ninguna dúbida o Baixo Miño é unha das comarcas máis esquecidas pola Xunta de Galicia en canto a obras directas malia precisalas como no caso do vial”. O parlamentario criticou a falta de criterios obxectivos na asignación dos proxectos “Fora dos investimentos xerais, que lles corresponden per se, poden contarse cos dedos as infraestructuras directas da comarca, e sempre con claros criterios partidistas sen atender as demandas históricas dos concellos”. 

 Antonio Lomba resaltou tamén como prioridade a construcción dunha nova Escola Infantil na vila. “É unha necesidade moi grande. O ratio de prazas por habitante da nosa vila, entre 17 e 20 prazas por cada 100 nacementos nos últimos anos, esta moi por debaixo da media recomendada pola Unión Europea, que está en 35%. Foi a Consellería, baixo a xestión do anterior Conselleiro os que se comprometeron a axudarnos a financiala polo que estamos a espera de que a nova Conselleira nos reciba e que o proxecto, que xa presentamos, continue avanzando” 

 Pola súa banda Abel Losada tamen usou como exemplo a escasa e aleatoria proxección de investir en Escolas Infantís para exemplificar a mala xestión das inversións nos municipios. “Para o Consorcio Galego de Servizos Sociais, proxectan todo sen precisar onde actuarán. Os poucos investimentos directos que preven sempre teñen curiosos criterios de elección, baseándose principalmente na cor política.” 

 As beirarrúas da circunvalación do monte, o auditorio, o polígono industrial compartido co Rosal, o acceso Sur para o Porto ou a dotación de servizos no Trega son outras das demandas tratadas que están enriba da mesa das distintas consellerías da Xunta de Galicia esperando a vontade política de executalas. Mentres tanto o socialismo galego “continuará traballando dende o Parlamento conxuntamente co grupo municipal para demandar un reparto máis xusto e transparente dos cartos que lle corresponden a cidadanía guardesa.” 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario