10 de xan. de 2019

OIA

Movemento Oia critica a falta de eficacia na xestión da retirada da balea varada nas rochas de Oia 

Xan Lois Vila, concelleiro do Grupo Mixto no Concello de Oia: “A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) alertou que cantos máis dias pasasen, maior sería o problema debido a súa descomposición”

O cetáceo de case 30 toneladas vai ser un grave problema para a contorna de Oia, a súa veciñanza e para a persoas que traballan no mar, segundo prevé Xan Lois Vila, concelleiro do Grupo Mixto no Concello de Oia 
Foto: Xan Lois Vila

Infogauda / Oia

 O concelleiro Xan Lois Vila, do Grupo Mixto do Concello de Oia, critica á “alcaldesa por non achegar información sobre a xestión na coordinación cos distintos organismos responsables das supostas vías para a resolución da situación

 En casos anteriores de cetáceos de menos tamaño xestionouse a retirada dende o Concello, neste caso parece que vira unha atración turística en Oia, afirma Xan Lois Vila

 O cetáceo de case 30 toneladas vai ser - segundo prevé Xan Lois Vila - un grave problema para a contorna de Oia, a súa veciñanza e para a persoas que traballan no mar.  

 Dende Movemento Oia reclamamos a falta de sensibilidade e ineficacia neste tema, a mínima actuación do goberno ea nula comunicación co resto da corporación municipal. 

 A retirada tornouse inviable, pola falta de decisión por parte das administración pertinentes

 Xan Lois Vila indica igualmente: Gestora de Subproductos de Galicia S.L. (GESUGA), é a empresa que traballa nestes casos para a Xunta e encárgase habitualmente da xestión do transporte para a posterior xestión nas súas instalacións, pero non é a responsable da súa retirada. 

 O concello non reclamou que se tentaran tomar outro tipo de medidas.  

 A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) alertou que cantos máis dias pasasen, maior sería o problema debido a súa descomposición. 

 Despois das conclusións de Salvamento Marítimo, a operación por mar sería moi complicada e dun gran risco polo lugar onde se atopa. 

 Nalgúns casos similares as manobras foron menos complexas ó encontrarse outros cetáceos coma este, pero en superficies areais. Tamén existe algún caso noutro país onde este tema se tratou cunha explosión controlada por unha empresa especializada

 Finalmente, o concelleiro do Grupo Mixto, Xan Lois Vila afirma: A única solución viable a día de hoxe contempla a estratexia da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). É un operativo moi complexo e imprevisible polo que está contemplada a posibilidade de precisar dous días para completar a operación que sería viable pero ten un custo elevado para o concello. 

 Este operativo consistiría na retirada da balea unha vez troceada a través da ascención dos restos ata o talude e o transporte ata os camións para a recollida para seu deshidratado por parte de GESUGA.  

 Inda que o proceso se torna caro pola súa complexidade, para o benestar dos veciños e para o futuro, a coordinación e as axudas entre administracións fanse necesarias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario