FOTOGRAFÍA
ELIOT ELISOFON: UN DOS GRANDES FOTÓGRAFOS INTERNACIONAIS QUE TAMÉN ESTIVO ENTRE NÓS
· Ao longo dos anos, Elisofon viaxou a seis continentes, cubrindo unhas 2.000.000 millas. O seu traballo apareceu en Life durante case 30 anos e publicáronse 19 libros da súa obra durante a súa vida.

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
As veces, mesmo sen pretendelo, un sinte a indescritible emoción de atopar, fortuitamente, algo grato e sorprendente. E o mesmo tempo de interese cultural para a nosa comunidade. É o que ven de acontecernos coa fotografía que figura neste solto, que Ángel Granadero Ropero tivo a ben dar a coñecer nunha rede social, e que posteriormente foi compartida por un bó número de persoas, entre elas polo amigo Xabier Garrido. Foi así como tivemos oportunidade de coñecer e disfrutar cunha imaxe - de fai 70 anos! -, para nós inédita, da autoría de Eliot Elisofon. Pero non soio por iso, senón pola constatación da presenza dese fotógrafo na nosa vila, no ano 1948, en que, segundo os datos que temos, tirou esa fotografía.
Con anterioridade Ruth Matilda Anderson, fotógrafa e conservadora estadounidense da Hispanic Society of America, realizou por encárrego de Archer Milton Huntinton, filántropo e hispanista, fundador da Hispanic Society of America, dúas longas campañas de fotografía etnográfica en Galicia de 1924 a 1926, co fin de documentar a vida cotíá das nosas xentes.
Da estadía na Guarda de Ruth Matilda Anderson quedou constancia nas súas fotografías, e no libro Pontevedra and La Coruna, publicado por The Hispanic Society of America (New York, 1939). Na páxina 70 dese tomo, que forma parte do traballo Gallegan Provinces of Spain, podemos ollar a fotografía titulada Festival of Santa Tecla, que acredita a actividade profesional e a presenza da fotógrafa na romaría do Monte Santa Trega (A Guarda).
Voltando á fotografía de Eliot Elisofon os protagonistas son, o noso entender, xa que aparecen en primeiro plano, un grupo de nenas e nenos - algúns deles están descalzos e mesmo un rapaz leva unha boina -, con presenza maioritaria de rapaces (16 se non contamos mal), que están máis preto da cámara fotográfica, e tan soio dúas rapazas, que están un pouco máis atrás. Curiosamente, oito deles están de pé, un de xeonllos, un sentado, e seis estombeados na area da praia da Riveiriña. En todo caso, todos eles están sorrindo - daquela non facía falla moito para ser feliz - e un deles incruso suxeta coas dúas mans, enriba da súa testa, unha pelota, que pudera ter sido feita de trapos; namentras que as dúas rapazas teñen un sembrante ben distinto, como expresando unha certa contrariedade por esa maioritaria presenza masculina. Poida que todos eles foran alumnos das escolas que houbo no Muelle. De ser así, semella que as rapazas ou ían menos á escola, ou simplemente ese día non baixaran a xogar ata a praia. Quixéramos que fose esta segunda posibilidade a que aconteceu daquela.
Poida que a día de hoxe ainda sobrevivan algúns desas rapazas e rapaces doutrora. Como nos gustaría que así fose!
No plano intermedio ollamos unha figura aillada, con vestimenta oscura, que probablemente corresponda a unha muller viuva, que está recollendo arghazo.
Nese mesmo plano, a pesares de estar á maré baixa, hai unha representación de gamelas que daquela ainda navegaban a vela e a remo.
E xa no plano superior, a orla litoral, de evocadora talasonimia (A Robaleira, O Cangrexal, O Reghiño,...) como defensa natural da primeira liña de vivendas mariñeiras, composta maioritariamente de baixo, primeiro andar e faiado. Tamén vemos a dereita, preto do varadoiro da Ribeira, a Casa da Salazón, tamén coñecida como Casa do Rei. E a esquerda, intuimos a Casa dos Rivas.
Como se pode observar, o urbanismo daquela - agás algunha excepción, que tamén se observa na imaxe de Eliot Elisofon - era máis acorde co entorno. Austeiro, práctico e o mesmo tempo tradicional. Ainda non chegaran as gresite, nin as plaquetas cerámicas, nin as pinturas impermeabilizantes,..., en tantas variedades cromáticas, como gustos persoais existen. Iso sería na década dos 60 do século pasado, nos que a falla dun criterio urbanístico municipal acorde co conxunto o que nos referimos, primaron outros conceptos, ata chegar a imaxe polícroma que coñecemos hoxendía e que tamén tamén súa beleza. De certo que é un dos lugares máis fotografados da nosa vila.
Como se pode apreciar, o barrio mariñeiro, está como pendurado dun outeiro, parcialmente pechado polo Muro. E dentro da améndoa da vila intramuros, sobresaen a Torre do Reló e a da igrexa parroquial de Santa María. Tamén podemos ollar parte da arboreda do parque da Fortaleza de Santa Cruz - daquela inédita para á maioría dos veciños -, e unha aba do monte Torroso.
Dito isto, comprenderá o amable lector as razóns polas cales sentimos a emoción a que nos referimos o comezo deste artigo. Para nós, a fotografía de Eliot Elisofon forma parte da nosa memoria e do noso patrimonio colectivo. Como tamén o legado doutros fotógrafos que se achegaron ata A Guarda e inmortalizaron as rúas e xentes do noso pobo tal como eran daquela.
Desde eiquí propomos que desde o Concello de A Guarda se fagan ás xestións oportunas para poder acceder os legados fotográficos de autores como Luis Cadilla González, Daniel Lorenzo Villa, Isidro Pérez González, José Luis Rodríguez Díaz,..., entre outros fotógrafos, que de xeito amateur ou profisional, desenvolveron súa labor, reflectindo como era A Guarda daquela, e dalos a coñecer á cidadanía.

ELIOT ELISOFON
Eliot Elisofon (1911-1973) naceu no Lower East Side de New York. En 1935, despois de asistir á Universidade de Fordham, Elisofon inaugurou un estudo de fotografía comercial e realizou fotografías para publicidade e moda. Ingresou na Photo League en 1936, eventualmente converteuse no seu presidente. O seu traballo na rúa de Nova York foi exhibido no Museo de Arte de Pensilvania e na Galería Julien Levy. En 1939 a súa serie Playgrounds of Manhattan foi exhibida na New School; para Elisofon a serie era un xeito de chamar a atención sobre as condicións do parque infantil para nenos en barrios pobres. Elisofon fotografou a moitos artistas da época, incluíndo a Chaim Gross, Isamu Noguchi e David Smith, e o seu estudo ao longo do Museum of Modern Art (Museo de Arte Moderna) serviu como lugar de encontro para artistas.
Os primeiros traballos de Elisofon para a revista Life apareceron en 1937, Tin Type Photographer and Jewish New Year, e en 1941 a súa imaxe do xeneral Patton foi a primeira portada de cor da Life. En 1942, Elisofon fotografou un campo de concentración marroquí francés, Sidi El Agachei, pero as imaxes nunca foron publicadas. As súas outras fotografías da Campaña do Norte de África durante a Segunda Guerra Mundial converteuse nunha exposición titulada The Tunisian Triumph, inaugurada en xuño de 1943 en MoMA e viaxou a 20 cidades dos Estados Unidos.
Ao longo dos anos, Elisofon viaxou a seis continentes, cubrindo unhas 2.000.000 millas. O seu traballo apareceu en Life durante case 30 anos e publicáronse 19 libros da súa obra durante a súa vida. Fixo 11 viaxes a África, fotografando, realizando películas e coleccionando arte e doou a súa extensa colección de arte africana eo seu arquivo fotográfico de máis de 80.000 imaxes para o que se converteu no Museo Nacional de Arte Africano en Washington, D.C. En 2013 o museo celebrou o 40 Aniversario dos arquivos fotográficos e colección de arte Eliot Elisofon coa exposición Africa Re-Viewed: The Photographic Legacy of Eliot Elisofon (África Revista: O legado fotográfico de Eliot Elisofon).
Ningún comentario:
Publicar un comentario