3 de xan. de 2019

A GUARDA

DEPORTES

Máis de 200 atletas déronse cita na San Silvestre guardesa 2018  

Saída desde á rúa Rosalía de Castro, dos atletas participantes na San Silvestre Guardesa, 2018
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 A Guarda acolleu o pasado luns día 31 de decembro a tradicional carreira San Silvestre 2018, que contou nesta edición coa participación de máis de 200 persoas, que decidiron despedir o ano 2018 facendo deporte.  

A ex atleta olímpica Julia Vaquero con alguns dos atletas participantes

 O evento, organizado por Atletismo Trega en colaboración co Concello da Guarda, contou coa participación da ex atleta olímpica Julia Vaquero Sousa como madriña desta proba, que animou e asinou autógrafos aos presentes.   

 A San Silvestre Guardesa celebrouse nunha espléndida xornada soleada, onde os participantes gozaron facendo deporte polas rúas do pobo.  

 Dende Atletismo Trega e o Concello da Guarda se quere agradecer a colaboración de Xogade,  Policía Local, Disramo, Adega Val Miñor, Lito Sport, voluntarios e a todas/os participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario