3 de xan. de 2019

MADRID

PREVISIÓN PARA O XOVES 10 DE XANEIRO DE 2019 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 



Xoves, 10 
19:30 horas 

 Inauguración da mostra de pintura "GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS", de Raúl Velloso, cuxa obra caracterízase polo debuxo groso, un colorido plano e vibrante, ademais de sinuosos volumes. Velloso, de formación autodidacta foi discípulo de Tapies, quen o apadriñou e ensinou técnicas de pigmentos, texturas, materiais e cor, que segue aplicando a día de hoxe. 

 As creacións actuais deste artista do Morrazo, que algúns críticos definen como de estilo naif picassiano, expuxéronse nas feiras de arte máis importantes do mundo, como Art Basel Miami, Art Basel Suíza ou Arco de Madrid, así como en prestixiosas galerías de Barcelona, Madrid, Chicago, Kioto, Berlín, Xénova ou Londres.  

 A exposición de Velloso poderá visitarse na Salas A e B ata o 31 de xaneiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos, de 10 a 14 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario