21 de xan. de 2019

A GUARDA

CULTURA

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda conmemora o Día da Ilustración 

· Cunha nova sesión de “Contos Contados”  

Infogauda / A Guarda

 O vindeiro sábado día 26 de xaneiro de 2019 a Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza unha nova sesión de «Contos contados» para conmemorar o Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao (que se celebra o 30 de xaneiro). 

 Neste caso a actividade comezará ás 11:30 horas e consistirá en contar "Cuentos silenciosos", de Benjamín Lacombe, ilustrado en tres dimensións que lle dan vida e volumen a contos tradicionais dun xeito sorprendente, que fará as delicias dos máis cativos e cativas da casa. 

 A continuación, realizarase un obradoiro que consistirá en decorar un mural con ilustracións adicadas a Castelao e sorpresa para levar á casa. 

 A Concellería de Cultura convida a todas as nenas e nenos de A Guarda a participar nesta interesante e innovadora actividade na Biblioteca Pública Municipal da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario