13 de xuño de 2018

A GUARDA

INTERLUDE FEST

Sábado 30 de xuño na Fortaleza de Santa Cruz




Asociación Cultural Rock’n’Rolla A Guarda


 A Asociación Cultural Rock’n’Rolla A Guarda comunica:

 Que o vindeiro día 30 de Xuño de 2018, a Asociación Cultural Rock’n’Rolla A Guarda tiña previsto a relización dun Festival, o “Interlude Fest”, no Castelo de Santa Cruz de A Guarda, cun cartel con diferentes bandas nacionais e locais.   

 Que debido a problemas contractuais co representante dos grupos que conformaban a cabeza do cartel, esta Asociación toma a determinación de suspender momentáneamente dito evento.  

 Ante todo pedir disculpas pola inactividade en redes sociais deste último mes por parte da nosa Asociación, pero a resolución deste problema foi a causante deste percance. 


 Finalmente, acadamos o acordo de facer valer os principios polos que se rexiu a formación desta Asociación, decidindo celebrar o sábado 30 de Xuño de 2018 o “Interlude Fest”, ainda así, modificando completamente as súas bases iniciais, e dándolle unha maior importancia non só o Festival, senon ós eventos que transcorreran ó longo do día, para que desta forma poidan participar todos os veciños/as do noso pobo, desde os máis cativos ata os máis maiores. 

 Dende primeira hora da mañá disfrutaremos de hinchables, pinta caras, talleres de manualidades, artesanía e orfebrería, mercadillo, campionato de petanca, xogos populares, pasarrúas musicais e comida e bebida tradicional a prezos populares, completando este día a partires das 20:00h., coa celebración dun Festival no que nos deleitarán enriba do escenario 8 grupos que abarcan varios estilos musicais, os cales desinteresadamente decidiron participar e poder facer deste día un día grande para todos nos. Perseide, Tati's Joplin, Santos Morcegos, Mano de Piedra, Terader, KUNA DE ODIO, Teseracto, Sulf-atäR.  

 Por suposto o acceso ó recinto e o disfrute das diferentes actividades será totalmente de balde.  

 Seguiremos informando estes vindeiros días das novidades en relación co dito Festival.  

 Un saúdo e Rock’n’Rolla.

A GUARDA

O curso de escaparatismo de «EuRural» conclúe  na Guarda con éxito de participación  

Asistiron á formación 16 comerciantes, emprendedores e persoas desempregadas con interese no comercio de proximidade.  

O alcalde Antonio Lomba Baz e 2ª tenente alcalde de Montserrat Magallanes Álvarez, na entrega de diplomas aos participantes no programa formativo «O ben feito, ben parece»
Foto: C. A. G.

Sara Alonso / A Guarda

 A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste «EuRural» concluíu a pasada semana o seu programa formativo «O ben feito, ben parece»  na Guarda, coa entrega de diploma aos participantes. O curso contou con 16 alumnas e alumnos, que se formaron durante 36 horas en técnicas de escaparatismo, presentación de produtos, paquetería comercial e visual merchandising, completando as prazas ofertadas no municipioentre o 23 de maio e o 8 de xuño.  

 A formación dirixiuse tanto a os comerciantes e emprendedores do GDR 14 como a persoas desempregadas con interese no comercio de proximidade. Nesta liña,  o seu obxectivo é o de impulsar o crecemento e mellora do comercio local, ampliando os coñecementos relacionados coa venta e favorecendo, a un tempo, a xeración de novos postos de traballo.   

 «O ben feito, ben parece» continuará o seu itinerario formativo no concello de Nigrán durante o mes de setembro. O vindeiro ano, Tomiño e Mos acollerán o curso, no que poderá inscribirse calquera persoa que resida no territorio do GDR 14. As persoas interesadas poderán consultar a oferta formativa e inscribirse na páxina web da asociación.  

 Sobre «EuRural» 

 A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste «EuRural» é a entidade encargada de levar a cabo no territorio do GDR 14 (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui) a Medida europea LEADER 2014-2020 para o desenvolvemento das zonas rurais.   

 O pasado ano, a asociación decidiu crear a Escola EuRural como unha ferramenta a través da que canalizar todas as accións formativas que se desenvolver no territorio. En 2018, impúlsanse dende a escola dous itinerarios formativos os itinerarios formativos para a poboación do rural: «O ben feito ben parece» e «Coas mans na masa». Este último céntrase na elaboración artesanal de conservas e chegará á Guarda en febreiro do próximo ano.

A GUARDA

LA ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ ROJA BAIXO MIÑO ABRE EL PLAZO DE INSCRIPCIÓN PARA LAS ACTIVIDADES DE VERANO

· Continuaremos en la línea de los últimos años, desarrollando actividades en diferentes puntos de la comarcan A Guarda y Vilachán



Neli Rodríguez / A Guarda

 Cruz Roja Española informa que desde su Asamblea Comarcal Baixo Miño pondrá en marcha el próximo 1 de julio sus actividades de verano en diferentes zonas de la comarca, concretamente en Vilachán y A Guarda. 

 El plazo de inscripción comenzará el día 14 de junio.

 Las ludovermellas se desarrollarán en: 

- Parque de O Montiño, en A Guarda. 
- Local de la Asociación de vecinos O Árbol, y en el parque próximo de Vilachán.

 Todas ellas en horario de horario de 11:00 a 13:00. 

 Las actividades están dirigidas a niñas/os con edades comprendidas entre los 6 y 12 años. La finalidad de estos talleres es hacer llegar a las/os niñas/os valores como solidaridad, tolerancia, cooperación, empatía, compañerismos, respeto… además de fomentar la interrelación entre niños de distinto grupo de edad.

 Los objetivos que se pretenden conseguir son básicamente los siguientes: 
- Promover la adquisición de nuevos hábitos lúdicos y educativos. 
- Fomentar la participación. 
- Promover la adquisición de valores y conductas positivas respecto a la vida grupal y a la convivencia. 
- Reforzar y favorecer la creación de redes interpersonales…  
 Estos talleres, son de carácetr gratuito.

 Para más información, reserva o inscripción deberán dirigirse a:
Asamblea Comarcal Baixo Miño
     Calle Agustín Nandín Lomba, nº 1 bajo       
36780 A Guarda
Teléfono: 986 614 609

SALCEDA DE CASELAS

RECTA FINAL PARA AS OBRAS DE MELLORA DA SEGURANZA VIARIA NA ESTRADA PROVINCIAL DE CERQUIDO-BORRALIÑO EN SALCEDA   

· O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que a empresa adxudicataria realizará mañá o pintado da sinalización horizontal   

A empresa adxudicataria (Covsa) está a finalizar os traballos de aglomerado e iniciará este xoves o pintado da nova sinalización horizontal, que marcará os novos carrís de incorporación na intersección do lugar de Budiño
Foto: D. P.

Infogauda / Salceda de Caselas

 O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra encara xa a recta final das obras de mellora da seguranza viaria na estrada provincial EP-2503 entre Cerquido e Borraliño no Concello de Salceda de Caselas. Segundo explicou o deputado provincial Uxío Benítez, a empresa adxudicataria (Covsa) está a finalizar os traballos de aglomerado e iniciará este xoves o pintado da nova sinalización horizontal, que marcará os novos carrís de incorporación na intersección do lugar de Budiño, polo que “a Deputación cumprirá unha demanda histórica do Concello”.  

 A actuación nesta vía provincial en Salceda fora unha prioridade que o alcalde trasladara tanto ao anterior goberno provincial como ao actual deputado de Mobilidade, xa que o acceso supoñía un punto negro para o tráfico rodado, destacando pola súa alta sinistralidade. No lugar, de feito, conflúen a estrada provincial e outras vías municipais que dan acceso a diferentes puntos de centralidade: o polígono industrial de O Cerquido, o centro cultural de Budiño, a área recreativa de O Coto, o CRA Raíña Aragonta, o parque etnográfico, e a igrexa e cemiterio de Budiño.  

 O novo goberno provincial deu o visto bo deseguido tras a petición, e o departamento de Mobilidade redactou o proxecto con urxencia, mais o inicio das obras demorouse debido á presentación de alegacións por parte dos propietarios dos terreos expropiados para ampliar o cruce. Unha vez solventadas estas complicacións e aprobado definitivamente o proxecto (cun orzamento de licitación de 115.745 euros), os traballos comezaron no mes de abril e rematan xusto no prazo establecido: dous meses. 

 O proxecto para resolver a intersección incluíu a creación dunha nova área pavimentada para delimitar novos carrís de incorporación e agarda no cruce. A maiores da ampliación da plataforma, corrixíronse os peraltes tendo en conta o alto número de camións que pasa pola zona caraao polígono industrial de O Cerquido, e implantáronse dous elementos redutores de velocidade en forma de pasos de peóns sobreelevados en ámbolos extremos de actuación, limitando a velocidade a 30 quilómetros hora.  Tamén se instalou novo alumeado, potenciándoo na zona de cruce con sete novas luminarias tipo led e retirando as catro anteriores. 

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABRE UNHA CONSULTA PÚBLICA VÍA WEB PARA ELABORAR  UNHA ORDENANZA SOBRE A AUTOCOMPOSTAXE AO ABEIRO DO ‘PLAN REVITALIZA’   

· O vicepresidente Mosquera sinala que a nova normativa provincial pretende rematar con indefinicións, baleiros e contradicións da actual lexislación

César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra
Foto: D.P.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra vén de abrir na súa páxina web unha consulta pública co fin de elaborar de maneira participada unha ordenanza provincial sobre autocompostaxe ao abeiro do Plan Revitaliza. O obxectivo da iniciativa, segundo afirma o vicepresidente César Mosquera, é “rematar coas indefinicións, baleiros e contradicións existentes na actualidade na normativa específica existente”, polo que se deseñou un proceso participativo aberto ás asociacións máis representativas, organizacións, colectivos e veciñanza interesada en debater e facer achegas. 

 A regulación da autocompostaxe na futura ordenanza pretende poñer luz na lexislación actual, segundo o vicepresidente, xa que por un lado hai normativa que establece que  “as autoridades ambientais impulsarán a compostaxe individual e comunitaria”, mentres por outro lado hai unha carencia de textos suficientes que concreten as condicións nas que se deben impulsar. 

 Segundo destaca o vicepresidente Mosquera, o baleiro normativo dura “moito máis do razoable” e nunca debeu interpretarse “como lamentabelmente se fixo, como a innecesariedade duns mínimos de coñecementos e controis para poder levar adiante a autocompostaxe, o que deu lugar a experiencias non sempre afortunadas ou que, no mellor dos casos, funcionaron moi por debaixo das súas posibilidades”. Pola contra, afirma o nacionalista, o PlanRevitaliza está baseado nos mellores coñecementos e técnicas dispoñibles e nun estruturado sistema de esixentes controis aos que estarán dedicados unha boa parte do articulado da futura normativa.  

 Así, coa futura ordenanza preténdese superar disfuncións derivadas da actual normativa e elaborar normas para o seguimento, control e trazabilidade de datos e accións na autocompostaxe (individual e comunitaria);garantir a ausencia de riscos potenciais sobre o contorno inmediato, a salubridade e benestar público e privado; superar a dicotomía de impulsar algo pero negar ou obviar o correspondente apoio económico necesario; ou superar a contradición de impulsar as autocompostaxescomo principio, ao tempo de entorpecer o seu desenvolvemento por cuestións de supostas ilegalidades ou alegalidades. 

 Cuestión de oportunidade 

 O vicepresidente Mosquera apunta que o momento actual é relevante para a redacción da nova Ordenanza de Autocompostaxe porque en breve se publicará a Directiva de biorresiduos e a súa transposición ás lexislacións ambientais dos países membros. “Entroncar a actual actividade provincial en residuos do Plan Revitaliza coas novas directrices de actuación da UE e da súa transposición á lexislación española resulta inescusable”, apunta.  

 Así mesmo, o vicepresidente indica que a necesidade e oportunidade da aprobación está motivada pola necesidade de reducir os custos da xestión dos residuos en zonas rurais e periurbanas polas actuais recollidas centralizadas de lixo, pola necesaria racionalización dos custos de xestión en zonas urbanas a través da eliminación ou redución dos biorresiduos, por previr a xeración destes, eliminar a súa presenza nas recollidas doutras fraccións, e minguar tamén os residuos orgánicos na fracción resto, o que permitiría unha drástica redución da frecuencia de recollida do actual colector verde. 

 Todas as cuestións relativas á consulta pública sobre a nova Ordenanza de Autocompostaxe poden coñecerse na páxina web da Deputación. Dende a Deputación enviouse solicitude para que aportaran as súas achegas de maneira específica ás comunidades de montes de Pontevedra, así como aos colectivos ecoloxistas e asociacións Adega, Amigos da Terra, Anabam (Tui e Baixo Miño), Adecontea (Ponteareas), APDR (Pontevedra), Asemblea do Suído (Covelo), Luita Verde (Cangas), Colectivo ecoloxista do Salnés, Naturviva (Agolada), e Vaipolorio (Pontevedra).

MOVEMENTOS SOCIAIS

A plataforma SOS Sanidade Pública convocou concentración en Vigo, este mércores ás 20 h. diante do MARCO   

Texto do manifesto do fin da concentración

 A política sanitaria de Núñez Feijoo e o seu goberno da Xunta pretende por a toda a sanidade pública galega en mans de empresas privadas multinacionais.

 Na área sanitaria de Vigo temos sobradas mostras de esta política sanitaria: o modelo de construción e xestión do novo hospital, o concerto con POVISA, o mantemento de GALARIA, a infra dotación de recursos asistenciais, que producen unha insoportable lista de espera e derivación de actividade á sanidade privada, etc.

 En Vigo, a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro non mellorou a capacidade de dar unha resposta de calidade e en tempo razoable ás necesidades da cidadanía e creou problemas novos de relación entre a empresa propietaria do Hospital e a Xerencia da EOXI, como pon de manifesto o actual conflito coas Auxiliares de enfermaría.

 A reforma da lei de saúde consolida este modelo e marxina á Atención Primaria, que está cada ano máis debilitada, como podemos ver estes días co peche de centros de saúde pola tarde, recortes nas consultas de pediatría e sobrecargas nos centros de saúde e nos PACs da área de Vigo.

A Consellería de Sanidade esta utilizando a Reforma da Lei Galega de Saude para:

· Desmantelar as áreas sanitarias e os hospitais comarcais.
· Baleirar de recursos e competencias os centros de Atención Primaria coa finalidade de acabar coa promoción da saúde e a prevención da enfermidade, dificilmente convertibles en negocio.
· Por en mans de multinacionais farmacéuticas e da industria tecnolóxica a investigación, innovación, desenvolvemento e información, realizada con recursos e fondos públicos.
· Reducir prazas, mantendo a inestabilidade e precarizando as condicións laborais das traballadoras/es do sistema público, para favorecer ao sector privado.
· E mentres reduce recursos sanitarios públicos utiliza a Lei de Garantías de tempos de espera para desviar a centos de pacientes a centros privados.

 A Consellería de Sanidade da un paso máis, mudando o papel que xogan os centros sanitarios privados, que tiñan un carácter complementario e subsidiario, e cos que se concertaban patoloxías menores como cataratas ou varices co obxectivo de alixeirar as listas de espera, pero agora poñen en marcha un novo modelo onde se pasa a concertar con empresas privadas, por un período de catro anos, actividades de consulta, cirurxía, probas diagnósticas e terapéuticas  e mesmo hemodiálise. Un transvase de actividade asistencial que ascende, a un total de 97,5 millóns de euros, no caso da Coruña onde xa se puxo en marcha, co agravante de que o persoal facultativo público deberá ir a estes centros privados.

 Isto supón a privatización da bata branca, que Feijóo dixo que nunca faría  e enormes beneficios para o negocio de empresas sanitarias privadas.

 Xunto a isto, a Consellería de Sanidade pretende tamén facilitar e potenciar a dedicación público privada dos profesionais do sistema público, eliminando a dedicación exclusiva, que xera máis corrupción e conflitos de intereses en detrimento da calidade da asistencia á cidadanía.

 En definitiva se desacredita e debilita ao sector publico para facilitar a penetración do sector privado en detrimento da saúde da poboación e dos fondos públicos que pagamos cos nosos impostos.

 A privatización é corrupción!

 Por todo isto temos que manter a presión para acabar coa corrupción sanitaria do PP.


DESPORTOS

João Morado Vicecampeão Nacional no Salto em Comprimento


João Morado Vicecampeão Nacional no Salto em Comprimento

Informa: María Joâo Brito

 Pelo segundo ano consecutivo Braga recebeu a Final Nacional do Torneio Olímpico Jovem, a mais conceituada prova de atletismo do país para aos escalões de formação: Iniciados (Sub-16) e Juvenis (Sub-18). O XXXVI Olímpico Jovem Nacional decorreu ao longo dos dias 9 e 10 de Junho no Estádio 1º de Maio e contou com 826 participações de atletas com idades compreendidas entre os 13 e os 17 anos em representação de 22 Seleções, incluindo todos os 18 Distritos continentais, Açores, Madeira e ainda a Seleção de Macau (China) e a Seleção Nacional do Desporto Escolar. Manuela Machado, antiga atleta Olímpica e Campeã Mundial de Maratona, natural de Viana do Castelo e que durante grande parte da sua carreira representou o anfitrião, Sporting Clube de Braga, foi a escolhida para ser a madrinha desta edição.

 O Centro de Atletismo de Arcos de Valdevez esteve presente com 11 atletas em representação da Seleção de Viana do Castelo (sendo o clube mais representado, compondo exatamente um terço da Seleção) e 1 atleta em representação da Seleção Nacional do Desporto Escolar.

Seleção de Viana do Castelo

 Os atletas Arcuenses obtiveram excelentes resultados, contribuindo para o 11º lugar da Seleção de Viana do Castelo. Individualmente o maior destaque do CAAV foi a medalha de prata do atleta Sub-18 João Morado com 6,53 no Salto em Comprimento batendo o Recorde Regional que pertencia a Filipe Novo com 6,46 desde 2002 (há 16 anos).

 A prova contou com excelentes atletas, tendo o pódio sido completado por 2 atletas internacionais, no 1º lugar Rodrigo Agostinho, representante de Leiria, atual Campeão Nacional Indoor de Juvenis e Recordista Nacional de Iniciados (2016) e no 3º lugar Mamadú Jaló, representante de Lisboa, Campeão Nacional de Juvenis de 2017.

Classificações dos atletas do CAAV

Iniciados Femininos
5ª 4X80m - Jéssica Barros
9ª 1500m Obstáculos - Viviane Cunha
17ª Lançamento do Peso - Jéssica Barros

Iniciados Masculinos
12º Lançamento do Dardo - Diogo Rodrigues
15º Salto em Altura - Diogo Rodrigues

Juvenis Femininos
9ª 5000m Marcha - Juliana Galvão
9ª Salto em Altura - Mariana Pedreira
10ª 4X100m - Celina Peneda
10ª 4X100m - Mariana Pedreira
10ª 4X100m - Vanessa Pedreira
11ª 2000m Obstáculos - Gisela Gomes
12ª Lançamento do Dardo - Vanessa Pedreira
14ª Salto em Comprimento - Celina Peneda
15ª Lançamento do Peso - Jacinta Barros
15ª 100m - Vanessa Pedreira

Juvenis Masculinos
2º Salto em Comprimento - João Morado
8º 4X100m - Gonçalo Amorim
8º 4X100m - João Morado
10º 4X100m - Eduardo Rodrigues (em representação da Seleção Nacional do Desporto Escolar)
13º 800m - Gonçalo Amorim

 Com a medalha de prata alcançada por João Morado no Salto em Comprimento, o CAAV passa a contabilizar 7 medalhas no mais importante evento nacional para os escalões de formação, o Olímpico Jovem.

 Até então todas as 6 medalhas tinham sido conquistadas no meio-fundo (800m e 1000m), sendo de esperar que esta seja a primeira de muitas medalhas nas diversas outras áreas do atletismo (Saltos, Lançamentos, Velocidade, Barreiras).

 Estes resultados são fruto do empenho e dedicação dos atletas e técnicos do CAAV, que através de um trabalho multidisciplinar vão cada vez mais cimentando os seus atletas a nível nacional nos lugares cimeiros das várias disciplinas do atletismo.
Muitos parabéns a todos os atletas do CAAV presentes e aos seus técnicos Miguel Rios e Jerónimo Gomes.

Historial de medalhas do CAAV no Olímpico Jovem Nacional
2007 1º 1000m Iniciados Masculinos - João Ramos
2012 2ª 1000m Iniciados Femininos - Juliana Dias
2012 3º 1000m Iniciados Masculinos - Diogo Dantas
2014 1ª 800m Juvenis Femininos - Juliana Dias
2014 3º 800m Juvenis Masculinos - Diogo Dantas
2017 1º 1000m Iniciados Masculinos - Gonçalo Amorim

2018 2º Salto em Comprimento Juvenis Masculinos - João Morado

ARCOS DE VALDEVEZ

Arcos de Valdevez promovido no Dia de Portugal em Espanha e França  


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Dia de Portugal é assinalado um pouco por vários países onde prevalecem as comunidades portuguesas. 

 O concelho esteve em França, em Lyon, na assinatura do protocolo de cooperação com Décines-Charpieu; em Toulouse, para participar na Feira Lusitana e em Espanha, na cidade de Ourense, para participar nas comemorações do Dia de Portugal e das Comunidades. 

 Para além de terem sido organizadas muitas iniciativas com a participação da nossa comunidade emigrante noutros países da Europa e da América. 

 À semelhança do que vem ocorrendo anualmente, numa iniciativa promovida pelo consulado de Portugal em Vigo, o 10 de Junho, Dia de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas, voltou a ser assinalado na Galiza, em estreita colaboração com os municípios do norte de Portugal. 

 Considerando a atração económica e turística que a Galiza exerce sobre os turistas e as empresas portuguesas, bem como a deslocação constante de galegos ao norte de Portugal, em turismo, Arcos de Valdevez voltou a integrar as comemorações, através da promoção turística do concelho, dos produtos locais, dos vinhos e da “Recriação Histórica do Recontro de Valdevez” a decorrer entre os dias 7 e 8 de julho.  

 Por outro lado em Toulouse, França, esteve presente na Feira Lusitana, onde também promoveu os produtos locais, a gastronomia e o Turismo.

Em Décines-Charpieu foi celebrado um protocolo de cooperação entre as duas Câmaras Municipais


 Em Décines-Charpieu foi celebrado um protocolo de cooperação entre as duas Câmaras Municipais em prol do desenvolvimento dos cidadãos e das regiões, que servirá para a promoção das potencialidades dos dois concelhos, bem como dos seus tecidos empresariais e associativos. Este protocolo vem também fortalecer a proximidade e a união entre a comunidade francesa e a comunidade portuguesa, acreditando-se que esta cooperação se irá traduzir em benefícios para os cidadãos que os municípios representam e para os respetivos territórios.  

 Estas ações de promoção ao concelho realizadas pela Autarquia foram levadas a cabo com a intenção de captar mais turismo e consequentemente dinamizar economicamente Arcos de Valdevez, dando a conhecer as suas potencialidades ao nível da gastronomia, vinhos, produtos locais, alojamento, comércio e oferta cultural.    

ARCOS DE VALDEVEZ

Programa Aldeia Segura, Pessoas Seguras 

Evacuado lugar de Vilar Suente  


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 No âmbito da Defesa da Floresta contra Incêndios, e do Programa Aldeia Segura, Pessoas Seguras, a Câmara Municipal de Arcos de Valdevez, em colaboração com diversas entidades, entre as quais os Bombeiros Voluntários, Comando Distrital de Operações de Socorro de Viana do Castelo; Guarda Nacional Republicana; e Junta de Freguesia de Soajo levou a cabo um simulacro de evacuação do lugar de Vilar de Suente, em Soajo, que decorreu dentro do esperado. 


 A população colaborou e ficou a saber melhor como atuar em caso de necessidade de evacuação real. 

 Neste local, com 53 habitantes, foi colocada sinalética a indicar como lugar de refúgio o Largo da Ermida, em frente ao café, sendo o habitante Carlos dos Santos o oficial de segurança. Carlos tem como missão alertar a população, fazer ações de sensibilização junto da mesma e organizar a evacuação caso tal seja necessário, com a sinalização de caminhos e definição de locais de refúgio nas aldeias. 

 Este programa tem como objetivos incentivar à participação das populações e reforçar a consciência da responsabilidade partilhada, contribuir para a salvaguarda de pessoas e bens e implementar estratégias de proteção para aglomerados populacionais.  

 Tem como foco principal as freguesias de risco no âmbito da defesa da floresta contra incêndios e como eixos estratégicos a gestão de combustível, o plano de evacuação de aldeias e uma campanha de sensibilização.  

 De referir ainda que os exercícios são uma das mais importantes ferramentas de treino nas mais variadas áreas de intervenção, nomeadamente na área da proteção civil permitindo testar, em ambiente simulado, procedimentos de nível tático, operacional e estratégico, essenciais ao cabal cumprimento da missão de todas as forças e serviços com competência na matéria, identificando falhas e constrangimentos que, a verificarem-se em situação real, teriam quase sempre efeitos bastante negativos. 

 Esta é mais uma iniciativa realizada no sentido de contribuir para a salvaguarda de pessoas e bens, bem como da proteção dos aglomerados.

ENSINO

A CIG-Ensino empraza a Feijóo a desbloquear a negociación para a mellora das condicións retributivas e laborais do profesorado 

Na sexta reunión evidenciouse a nula vontade negociadora da Xunta e a súa incapacidade de dar resposta ás demandas do persoal docente.


Informa: CIG-Ensino

 A CIG-Ensino convocará o profesorado a amosar o seu rexeitamento ao inmobilismo da Consellaría de Educación e a defender a dignidade dun colectivo duramente castigado desde a chegada de Feijóo á presidencia da Xunta. Neste sentido o sindicato convocará concentracións nas principais cidades do país o próximo xoves 14 de xuño e anuncia que abrirá un calendario de mobilizacións a principios do vindeiro curso se a Consellaría non dá marcha atrás no veto a negociar a mellora das condicións laborais, a recuperación do roubado e unha suba retributiva digna.

 Hoxe quedou perfectamente retratada a táctica dilatoria da Consellaría de Educación que prolongou artificiosamente unhas reunións da Mesa Sectorial co obxectivo de achegármonos ao final do curso escolar e dificultar a capacidade de reacción do profesorado galego a unha proposta de acordo salarial absolutamente rexeitábel. O documento entregado pola administración reproduce o que a CIG-Ensino denunciou na reunión de onte ao respecto do uso dos fondos adicionais do acordo de Madrid subscrito por Montoro e as organizacións sindicais estatais. Deste xeito, e por vez primeira, impídese que se acumulen distintos acordos dos que se poida beneficiar o profesorado galego.

 A administración mantivo inalterábel a súa proposta de suba de 10 euros este ano a partir de outubro, 15 a partir de xaneiro de 2019, 25 en xaneiro de 2020 e 30 en xaneiro de 2021 pechándose en banda a facer ningún tipo de concesión a respecto do calendario. Só anunciou que dispuña de marxe para subir mininamente a cantidade, sempre e cando hubera novas cesions por parte das organizacions sindicais.

 A resposta da CIG-Ensino foi clara e contundente, como o foi desde a primeira reunión. O mandato do profesorado é rescatar as condicións de traballo e salariais que nos últimos anos nos foron arrebatadas polo goberno de Núñez Feijóo. Amosamos suficiente flexibilidade á hora de aceptar que esa recuperación se plasmase nun primeiro momento nun calendario de negociacións que deberían comezar xusto ao remate das Mesas sobre retribucións. Porén, o bloqueo da Consellaría foi evidente, o que pon de manifesto que as declaracións do presidente da Xunta ao respecto de dar resposta ás demandas do profesorado eran unha falacia. A proposta de suba salarial da Consellaría fica moi lonxe de “encher as expectativas” do persoal docente.

 O propio texto do acordo implicaría a asunción de novas renuncias que a CIG-Ensino non está disposta a asumir. Fomos moi críticos co acordo sindical estatal ao non implicar unha recuperación dos nosos salarios nos próximos tres anos, nin doutras cuestións como a eliminación dos descontos por enfermar, recuperar as pagas extras detraídas entre 2013-2016 e o cobro do verán para o persoal substituto. Porén, a proposta da Consellaría vai máis aló, xa que pretende hipotecar toda posibilidade de restituír os nosos dereitos e de acadar unhas retribucións dignas.

 A posición inflexíbel dos representantes da administración educativa leva á CIG-Ensino a interpelar directamente o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, ao entender que os límites impostos nesta negociación veñen do seu despacho. O seu goberno foi responsábel único do deterioro das nosas condicións de traballo e dunha perda de poder adquisitivo brutal desde o ano 2010. Correspóndelle a el como máximo responsábel de executar os recortes desbloquear a situación actual e, se ten un mínimo de dignidade e respecto polo profesorado galego, dar cumprida resposta ás nosas demandas.

Convocatoria de mobilizacións inminentes

 Ante a chantaxe da Consellaría a CIG-Ensino chama ao profesorado a mobilizarse para o que convocará o vindeiro xoves, 14 de xuño, concentracións en todas as cidades galegas e xa anuncia que, se non hai ningunha rectificación por parte da administración, o vindeiro curso arrancará con mobilizacións contundentes, incluída a convocatoria de folga.

MADRID

A obra orixinal, editada por Xerais o pasado ano, naceu en galego, para contar aos fillos do autor como eran as cousas ná década dos sesenta e setenta  

A DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA ACOLLEU ONTE A PRESENTACIÓN DO LIBRO “SUEÑO DE INFANCIA” DE MONCHO ROUCO PUBLICADO AGORA EN CASTELÁN POR TURPIN EDITORES  

De esq. a der.: O autor Moncho Rouco, o coordinador de actos da Casa de Galicia Ramón Jiménez, o Dr. en Historia Ricardo Santos e o editor José Manuel Martín
Fotos: Casa de Galicia

Infogauda / Madrid

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu onte a presentación do libro "Sueño de infancia”, de Moncho Rouco publicada agora en castelán por Turpin editores e que o pasado ano fixérao Xerais en galego. A novela, a medio camiño entre o recordo pausado dos libros de memorias e o vibrante ritmo dos relatos de aventuras naceu para contar aos fillos do autor como eran as andanzas dun neno que viviu na Galicia dos anos sesenta e setenta, nun tempo no que se anunciaba a entrada nunha era de cambios tecnolóxicos, sociais e políticos, cando  o rural xa ía cedendo paso ao progresivo e rápido acomodo da vida urbana. 


 O coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez foi o encargado de presentar o acto, -en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega-, no que interviñeron, ademais do autor Moncho Rouco, o Dr. e profesor de Xeografía e Historia Ricardo Santos e o editor José Manuel Martín.  

 Jiménez lembrou nas súas palabras que o autor é natural de Ponteceso, na Costa da Morte, e que aos sete anos mudouse a Coruña coa súa familia. O libro é precisamente o relato da infancia na nova residencia. Tras vivir noutros moitos lugares da península, Moncho Rouco recalou en Tenerife, onde reside desde fai trinta anos. É Arquitecto Técnico, construtor, articulista en medios de comunicación e agora, tamén escritor. 

 José Manuel Martín explicou que se animou a publicar este libro porque cando o leu “foi como volver á miña propia infancia. Os mesmos xogos, que eran gratis, tamén na rúa, en plena liberdade, sen cartos pero con toda a imaxinación do mundo. Eu tamén son da xeración do  Colacao, o TBO, o Capitán Trueno... e Bonanza na única televisión”. 

 O profesor Ricardo E. Santos sinalou algúns datos biográficos de Rouco como o feito de ser “fillo de Garda Civil e dunha nai única, volcán con formas de muller e vontade de ferro, administradora e xerente da súa propia tenda de ultramarinos”. A novela ofrece “as vivencias e recordos entrañables da infancia” dos 7 aos 14 anos con “un gran toque de humor, tenrura e a tenue adolescencia vivida nunha casa cuartel”. Engadiu que achega “unha interesante narrativa literaria cunha mirada e memoria histórica destacada entre a fronteira da nenez daqueles tempos difíciles marcados polos xogos da rúa e a tecnoloxía da idade adulta, de emocións propias dunha historia vital dun pequeno neno tímido, e enfermizo”. Tamén reflicte o rural e o urbano que estaban distanciados por anos de atraso. 

 Pola súa banda o autor, Moncho  Rouco, que se declara “soñador a tempo completo”, en palabras do seu admirado Lennon, explicou que o libro naceu para trasladar “unhas vivencias e un tempo” aos seus fillos xa maiores. “Era unha obriga que tiña con eles e comigo mesmo”. Empezou aos poucos e “o texto foi tomando corpo de relato novelado e de aí ata o final só resta o transcorrer dos anos daquel neno que veu dá Costa da Morte aos arrabaldes dunha Coruña de principios dos anos sesenta”. A pesar do que puidese parecer, non se trata dunha novela infantil nin xuvenil, aínda que é apta para todos os públicos. “Camiña polo fío da puberdade e a mocidade incipientes e é unha novela que ao uso daqueles tempos da televisión en branco e negro, carece de  rombos, aqueles rombos que mandaban á rapazallada á cama…”. 

 Actualmente Moncho Rouco cambiou radicalmente de xénero literario e está inmerso nunha novela de corte ecoloxista entre “espazos tempos e universos paralelos”, da que xa ten o título Rodas e aclara que é o nome da praia máis bonita do mundo. “É un relato que, sen falsas pretensións, quixese alertar conciencias de sustentabilidade”.