A plataforma SOS Sanidade Pública convocou concentración en Vigo, este mércores ás 20 h. diante do MARCO
Texto do manifesto do fin da concentración
A
política sanitaria de Núñez Feijoo e o seu goberno da Xunta pretende por a toda
a sanidade pública galega en mans de empresas privadas multinacionais.
Na
área sanitaria de Vigo temos sobradas mostras de esta política sanitaria: o
modelo de construción e xestión do novo hospital, o concerto con POVISA, o
mantemento de GALARIA, a infra dotación de recursos asistenciais, que producen
unha insoportable lista de espera e derivación de actividade á sanidade
privada, etc.
En
Vigo, a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro non mellorou a capacidade de dar
unha resposta de calidade e en tempo razoable ás necesidades da cidadanía e
creou problemas novos de relación entre a empresa propietaria do Hospital e a
Xerencia da EOXI, como pon de manifesto o actual conflito coas Auxiliares de
enfermaría.
A
reforma da lei de saúde consolida este modelo e marxina á Atención Primaria,
que está cada ano máis debilitada, como podemos ver estes días co peche de
centros de saúde pola tarde, recortes nas consultas de pediatría e sobrecargas
nos centros de saúde e nos PACs da área de Vigo.
A Consellería de Sanidade esta
utilizando a Reforma da Lei Galega de Saude para:
· Desmantelar as áreas sanitarias e os hospitais
comarcais.
· Baleirar de recursos e competencias os centros
de Atención Primaria coa finalidade de acabar coa promoción da saúde e a
prevención da enfermidade, dificilmente convertibles en negocio.
· Por en mans de multinacionais farmacéuticas e
da industria tecnolóxica a investigación, innovación, desenvolvemento e
información, realizada con recursos e fondos públicos.
· Reducir prazas, mantendo a inestabilidade e
precarizando as condicións laborais das traballadoras/es do sistema público,
para favorecer ao sector privado.
· E mentres reduce recursos sanitarios públicos
utiliza a Lei de Garantías de tempos de espera para desviar a centos de
pacientes a centros privados.
A
Consellería de Sanidade da un paso máis, mudando o papel que xogan os centros sanitarios
privados, que tiñan un carácter complementario e subsidiario, e cos que se
concertaban patoloxías menores como cataratas ou varices co obxectivo de
alixeirar as listas de espera, pero agora poñen en marcha un novo modelo onde
se pasa a concertar con empresas privadas, por un período de catro anos,
actividades de consulta, cirurxía, probas diagnósticas e terapéuticas e
mesmo hemodiálise. Un transvase de actividade asistencial que ascende, a un
total de 97,5 millóns de euros, no caso da Coruña onde xa se puxo en marcha, co
agravante de que o persoal facultativo público deberá ir a estes centros
privados.
Isto
supón a privatización da bata branca, que Feijóo dixo que nunca faría e
enormes beneficios para o negocio de empresas sanitarias privadas.
Xunto a isto, a Consellería de Sanidade
pretende tamén facilitar e potenciar a dedicación público privada dos
profesionais do sistema público, eliminando a dedicación exclusiva, que xera
máis corrupción e conflitos de intereses en detrimento da calidade da
asistencia á cidadanía.
En
definitiva se desacredita e debilita ao
sector publico para facilitar a penetración do sector privado en detrimento
da saúde da poboación e dos fondos públicos que pagamos cos nosos impostos.
A
privatización é corrupción!
Por
todo isto temos que manter a presión para acabar coa corrupción sanitaria do
PP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario