13 de xuño de 2018

A GUARDA

INTERLUDE FEST

Sábado 30 de xuño na Fortaleza de Santa Cruz




Asociación Cultural Rock’n’Rolla A Guarda


 A Asociación Cultural Rock’n’Rolla A Guarda comunica:

 Que o vindeiro día 30 de Xuño de 2018, a Asociación Cultural Rock’n’Rolla A Guarda tiña previsto a relización dun Festival, o “Interlude Fest”, no Castelo de Santa Cruz de A Guarda, cun cartel con diferentes bandas nacionais e locais.   

 Que debido a problemas contractuais co representante dos grupos que conformaban a cabeza do cartel, esta Asociación toma a determinación de suspender momentáneamente dito evento.  

 Ante todo pedir disculpas pola inactividade en redes sociais deste último mes por parte da nosa Asociación, pero a resolución deste problema foi a causante deste percance. 


 Finalmente, acadamos o acordo de facer valer os principios polos que se rexiu a formación desta Asociación, decidindo celebrar o sábado 30 de Xuño de 2018 o “Interlude Fest”, ainda así, modificando completamente as súas bases iniciais, e dándolle unha maior importancia non só o Festival, senon ós eventos que transcorreran ó longo do día, para que desta forma poidan participar todos os veciños/as do noso pobo, desde os máis cativos ata os máis maiores. 

 Dende primeira hora da mañá disfrutaremos de hinchables, pinta caras, talleres de manualidades, artesanía e orfebrería, mercadillo, campionato de petanca, xogos populares, pasarrúas musicais e comida e bebida tradicional a prezos populares, completando este día a partires das 20:00h., coa celebración dun Festival no que nos deleitarán enriba do escenario 8 grupos que abarcan varios estilos musicais, os cales desinteresadamente decidiron participar e poder facer deste día un día grande para todos nos. Perseide, Tati's Joplin, Santos Morcegos, Mano de Piedra, Terader, KUNA DE ODIO, Teseracto, Sulf-atäR.  

 Por suposto o acceso ó recinto e o disfrute das diferentes actividades será totalmente de balde.  

 Seguiremos informando estes vindeiros días das novidades en relación co dito Festival.  

 Un saúdo e Rock’n’Rolla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario