11 de mar. de 2018

A GUARDA

PREVISIÓN INFORMATIVA DO BNG   
Para o luns 12  de marzo , 2018        

A GUARDA  

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  visitará A Guarda onde se reunirá coa directiva e socios de OR.PA.GU.(palangreiros guardeses), a Asociación de comerciantes, MercaGuarda e o  colectivo de persoas retornadas e pensionistas. 

 Asemade visitará o porto e a lonxa onde participará nun encontro con mariñeiros e membros da Confraría.  

 A portavoz nacional do BNG atenderá aos medios de comunicación ás 12:30 h. no antigo Local da Confraría. Rúa Concepción Arenal.

GONDOMAR

Xoaquín Fernández Leiceaga,  no cuarto e último faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros” 

Problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais 

Venres 16 de marzo ás 20:30 h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas

Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz parlamentario do PSdeG

IEM / Gondomar

 O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) presenta o cuarto e último faladoiro do ciclo "Galicia 2017-2020: presente e futuros" este venres 16 de marzo ás 20:30 horas, no que intervirá Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz parlamentario do PSdeG.  

 Nel trataremos a situación de Galicia respecto de problemáticas do territorio en relación coa Lei de Montes e a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais" xa desenvolvidas nos anteriores faladoiros.  

 O acto será presentado por Xulián Maure Rivas, director do IEM, e moderará a xornada David Reinero, xornalista de Praza Pública.  

 A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira nº 10 baixo, Gondomar.

CAMINHA

CÂMARA PROMOVE ‘CAMINHO DA HISTÓRIA: CAMINHA E O CAMINHO PORTUGUÊS DA COSTA’

Iniciativa decorre no dia 24 de março e insere-se no âmbito da candidatura da valorização dos Caminhos de Santiago – Caminho Português da Costa



Infogauda / Caminha

 A Câmara Municipal de Caminha vai promover a caminhada Caminho da História: Caminha e o Caminho Português da Costa”, guiada pelo arqueólogo/historiador Joel Cleto. Esta iniciativa insere-se no âmbito da candidatura da valorização dos Caminhos de Santiago – Caminho Português da Costa - que o Município está a desenvolver. Esta visita guiada vai ter lugar no dia 24 de março, pelas 15H00. A participação é gratuita, mas a inscrição é obrigatória.  

 “Caminho da História: Caminha e o Caminho Português da Costa” é mais uma iniciativa promovida no âmbito da candidatura da valorização dos Caminhos de Santiago que o Município submeteu ao programa Norte 2020, onde sublinha a importância patrimonial e identitária destes trajetos que foram já classificados pelo Conselho da Europa como Primeiro Itinerário Cultural Europeu. Neste âmbito, a Câmara Municipal já promoveu várias iniciativas: Art Gallery Wall, com José Rosinhas; o percurso pedestre ‘Caminho da Natureza’; o concerto ‘Sons do Caminho’ e ainda Ciclo O Ciclo de Conversas com vários escritores conhecidos do grande público. 

 Caminha é um concelho profundamente marcado por relevantes marcas históricas e patrimoniais. Assim, esta caminhada-guiada pela história, património e lendas do Caminho Português de Santiago, que atravessa o concelho pela Costa, vai ter inicio na Mata Nacional do Camarido, junto à capela de Nossa Senhora do Bom Sucesso, e termina na capela de Nossa Senhora da Ajuda, em Seixas.  

 Esta atividade vai ser acompanhada pelo arqueólogo e historiador Joel Cleto, que vai dar a conhecer parte da herança existente no nosso concelho e, ao mesmo tempo, fará uma abordagem explicativa e histórica dos Caminhos de Santiago. 

 Esta ação carece de inscrição obrigatória. Assim, os interessados deverão proceder à respetiva inscrição (nome, idade e contacto) até ao dia 22 de março, para cultura@cm-caminha.pt.

CULTURA

O IV Premio Literario Nortear para a mocidade escritora amplía ata o 29 de xuño o prazo para a presentación de candidaturas

A Consellería de Cultura e Educación, a Dirección Xeral do Norte de Cultura Norte de Portugal e mais a AECT convocan este certame para incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e lusa

A Consellería de Cultura e Educación, a Dirección Xeral do Norte de Cultura Norte de Portugal e mais a AECT convocan este certame para incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e lusa

Infogauda / Galicia

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) amplían ata o día 29 de xuño o prazo para o envío de obras para concursar na cuarta edición do Premio Literario Nortear para a mocidade escritora.  

 Dotado con 2.000 euros, ademais da publicación da obra gañadora, o Premio Literario Nortear ten como principais obxectivos distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambas as dúas beiras do Miño, incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e portuguesa, e favorecer a circulación e distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal, para reforzar o diálogo cultural entre os dous territorios.  

 O certame está dirixido a persoas nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, que poderán presentar as súas obras inéditas, de entre 5.000 e 8.000 palabras. Na páxina web de Cultura, en www.cultura.gal/premios, poden consultarse as bases completas da convocatoria.  

 A persoa gañadora desta cuarta edición darase a coñecer no último trimestre do ano 2018 tras a reunión do xurado, formado pola Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal (AECT), que asigna o presidente deste órgano, e por dous escritores de cada lado da fronteira, designados pola Dirección Rexional de Cultura do Norte e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.  

 As primeiras edicións do premio 

 34, Rue Saint Jacques, da escritora lucense Cecilia Fernández Santomé, foi a obra gañadora do III Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal. Entre 31 traballos de autores e de autoras con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, o relato da autora de Vilalba foi elixido polo xurado do certame. Na primeira edición do premio a gañadora foi a xornalista galega Lara Dopazo Ruibal, pola obra Clementina, mentres que o gañador do segundo certame for o portugués Rui Cerqueira Coelho, co relato Nós arquipélago.