7 de dec. de 2018

O CASTRO (SALCIDOS) A GUARDA

Manuel Benito Lomba Portela cumpriu 100 anos  

Manuel Benito Lomba Portela co alcalde, a concelleira de Servizos Sociais e o 1º tenente alcalde, unha das súas netas, os dous fillos e súa nora 
Fotos: C. A. G.

Infogauda / O Castro (Salcidos)

 O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz e o 1º tenente de alcalde, Miguel Ángel Español Otero, visitaron o pasado mércores día 5 de decembro, a Manuel Benito Lomba Portela, que ven de celebrar o seu 100 aniversario. 

 No seu fogar da Castiñeira (O Castro), Manuel Benito recibiu con sorpresa aos representantes municipais, acompañado dos seus familiares e agradeceu a súa visita, onde aproveitou para falar co alcalde, da súa participación na Guerra Civil e algunha anécdota sobre a súa relación co concello coma Policía Municipal, repasando os nomes dos diferentes alcaldes e alcaldesas que pasaron pola Guarda nos pasados anos. 

Manuel Benito conversando co alcalde Antonio Lomba en presenza de María Teresa Baz, Miguel Ángel Español e familiares

 Manuel Benito conserva unha memoria prodixiosa, e así o demostrou durante esta visita, aportando moitos datos de interese.  

 Segundo explicou a súa familia, Manuel Benito goza de boa saúde, aínda que ten problemas de mobilidade e visuais, compartindo o seu día a día coa familia e a súa muller, de 95 anos de idade.  

 A representación Municipal entregoulle unha placa conmemorativa, así como un ramo de flores e unha tarta, e desexaron poder volver visitalo para darlle os parabéns nos próximos anos. 

1 comentario:

  1. Muchas gracias al Sr Alcalde de La Guardia y Corporacion Municipal ya que D. Manuel se merece eso y mucho mas una gran persona como suegro al cual le tengo todo mi respeto y admiracion y que ojala dure muchos años mas

    ResponderEliminar