7 de dec. de 2018

O BAIXO MIÑO

A Xunta de Galicia continúa co proceso de mobilización de terras en desuso e inicia un novo proxecto no Baixo Miño

· O director de Agader acaba de reuniuse coa alcaldesa do Rosal e cunha asociación de produtores da zona para avanzar nesta iniciativa

· Recuperar terras infrautilizadas para a produción forestal e agrícola é un dos obxectivos da Consellería do Medio Rural que ten en marcha distintas iniciativas por toda Galicia

Miguel Pérez Dubois na súa reunión coa alcaldesa do Rosal e membros dunha asociación de produtores da comarca 

Infogauda / O Rosal

  O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, acaba de reunirse no concello do Rosal coa alcaldesa, María del Carmen Alonso, e cunha asociación de produtores da comarca para poñer en marcha unha nova iniciativa de mobilización de terras, desta vez, no Baixo Miño. Miguel Pérez Dubois explicou que xa se ten feito unha investigación técnica do estado actual das parcelas neste entorno e destes traballos despréndese que hai terreos moi aptos para poñer a producir tanto no concello do Rosal coma en Tomiño. De feito, existen dúas zonas de concentración parcelaria, o que facilitaría moito a localización dos predios e os seus propietarios.  

 Recuperar terras en desuso para a produción forestal e agrícola é un dos obxectivos da Consellería do Medio Rural, que ten en marcha distintos proxectos por toda Galicia nos que pon en contacto a propietarios de terras infrautilizadas con empresas ou explotacións que precisan base territorial. 

 Agora, o obxectivo é que bote a andar unha nova iniciativa nestes concellos do sur de Galicia, xa que é unha zona moi produtiva na que o clima acompaña e permitiría combinar áreas forestais con áreas cultivadas por explotacións da contorna. Segundo o informe elaborado por Agader, para poñer a producir estes predios serán necesarios unha serie de traballos sobre o terreo que correrán a cargo da Consellería do Medio Rural.  

 Esta xuntanza dá continuidade á mantida polo propio conselleiro do Medio Rural, José González, no seu momento coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, na que tamén se abordou esta iniciativa.  

 O obxectivo máis inmediato para poñer a andar este proxecto é conseguir a autorización dos propietarios implicados que alugarán as súas parcelas a través do Banco de Terras. En concreto, o sistema a seguir para a xestión dos terreos, unha vez recuperados, determinarase coa incorporación ao Banco de Terras e un arrendamento pactado que figura na lei de mobilidade e que permite un arrendamento rápido e con condición de prezo e prazo conformes cos intereses das dúas partes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario