CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN CREAR UNHA ORDENANZA DE MOBILIDADE
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Facéndose eco do que desde fai algún tempo xa está sendo unha realidade en moitas poboacions do noso entorno, e como A Guarda non é unha excepción, e non hai máis que camiñar pola Vila para decatarse da presenza de varios vehículos sen matrícula, sen seguro, sen unha mínima protección para quen os conducen,..., que comparten idéntico vial que os demais, pondo en risco á integridade física e a seguranza dos propios usuarios e tamén dos peóns, entre outras variables; o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte proposta:
Diante do incremento do uso de patins, seagways, monociclos e outros dispositivos eléctricos sin que exista unha regulación sobre os mesmos na vía pública da cidade
ELABORACIÓN DUNHA ORDENANZA DE MOVILIDADE
Dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que se debe levar a cabo de maneira inmediata unha Ordenanza de Movilidade para regular o uso dos denominados “Vehículos de Movilidade Persoal” (VMP), dado que durante os últimos anos se ven incrementado considerablemente o uso de dispositivos de transporte de propulsión eléctrica como seagways, monociclos e uniciclos autoequilibrados, patíns e patinetes eléctricos que poden chegar a alcanzar os 20 quilómetros por hora, circulando de calquer maneira e por calquer sitio, todo elo ao amparo da existencia dun limbo legal dado que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) non establece por Lei o uso de cada elemento”.
Fai pouco tempo, foi publicada unha instrucción da DXT que establece que “os Concellos establecerán limitacións a circulación nas vías urbanas, dependendo, da velocidade máxima por construcción, masa, capacidade, servicio e outros criterios que se consideren relevantes”. Ademais, estipula que estos “VMP” poderán ubicarse físicamente no ámeto da calzada, sempre que se trate de vías expresamente autorizadas pola autoridade local, e que compete a autoridade municipal autorizar ou non a súa circulación por beirarrúas, zonas peatonais, parques ou habilitar carriles especiais.
Estamos no momento de levar a cabo a redacción dunha “Ordenanza de Movilidade para regular o uso de cadeiras eléctricas autopropulsadas, e demais dispositivos eléctricos de transporte”. Esta situación xenera perigosidade para peatóns que transitan de forma ordinaria polo pobo que poden ser víctimas de accidentes, e xenera inseguridade para os propios usuarios, que descoñecen por donde deben circular e en qué condicións, recibindo nalgúns casos indicacions contradictorias da Policía local, por non estar regulado o seu uso.
Por todo elo, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar o Pleno para o seu debate e aprobación si procede, xa que entendemos que diante do incremento do uso destes medios de traslado, tanto por parte de veciñ@s como de visitantes, e anticipándonos a chegada do vindeira tempada veraniega, dar de xeito inmediato o inicio dos trámites para a elaboración dunha Ordenanza de Mobilidade para regular o uso de cadeiras eléctricas autopropulsadas, e demais dispositivos eléctricos de transporte” que regule a súa circulación.
A Guarda, a 06 de decembro do 2018
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario