Obradoiros de Adornos de Nadal
· O xoves día 13 e o sábado día 15 de decembro, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
Este xoves día 13 de decembro, de 15:00 a 18:00 horas, a Sala de Exposicións da Casa dos Alonso (Praza do Reló) acollerá un Obradoiro de Adornos de Nadal, adicado especialmente aos comerciantes da vila, para a confección dun adorno especial para os seus establecementos.
O pasado luns publicouse o vídeo do Obradoiro de Adornos de Nadal, elaborado pola deseñadora e experta en escaparatismo Patricia Maquieira Franco, no que se explica como serán os adornos de Nadal que se realizarán nos dous obradoiros que terán lugar esta semana o xoves día 13 (de 15:00 a 18:00 horas) e o sábado día 15 (de 16:30 a 18:30 horas) de decembro na Casa dos Alonso.
Dende a Concellería de Comercio anímase a todos os comerciantes e empresarios da vila a participar nestes obradoiros.
Materiais a empregar:
• Tesoiras
• Pistola e barras de silicona
• Rotuladores
• Fotocopia modelos
• Teas
• Feltro
• “Saquito” de tea de saco
• Bolsas
• Paquete de lentellas
• Piñas, ramas, eucalipto.
• Brillantina
• La
• Lazo
Ningún comentario:
Publicar un comentario