16 de nov. de 2018

PONTEVEDRA

PREVISIÓNS DO PP DE PONTEVEDRA 
PARA MAÑÁ, SÁBADO, 17 DE NOVEMBRO DE 2018           

    PONTEVEDRA     

 O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, asiste á charla-coloquio “Mulleres do século XXI”, organizada polo PP local, e na que participan Andrea Levy, vicesecretaria xeral do PP; Alicia Estévez Toranzo, catedrática de Microbioloxía e directora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura da USC; e Ana Pastor, presidenta do Congreso dos Deputados.   

Hora: 12.00 
Lugar: Sala de conferencias Afundación     

A GUARDA     

 Alfonso Rueda participa na presentación do candidato á alcaldía da Guarda nas vindeiras Eleccións Municipais de 2019, Roberto Álvarez Carrero. No acto tamén intervirán Andrea Levy, vicesecretaria xeral do PP nacional; e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.  

Hora: 18.00 
Lugar: Hotel Novo Muíño (Praia de Camposancos)     

VILAGARCÍA     

A continuación, Alfonso Rueda participará na clausura do V Congreso de NNXX de Vilagarcía, xunto ao presidente electo. Tamén intervirán Andrea Levy; o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; e os presidentes autonómico e provincial de NNXX, Adrián Pardo e Ana Cristina Pérez.   

Hora aproximada da clausura: 21.00 
Lugar: Fexdega (Avda. Rodrigo de Mendoza).    

Ningún comentario:

Publicar un comentario