13 de nov. de 2018

OIA

Mañá comezan as charlas-obradoiro sobre corresponsabilidade   

· A iniciativa ten como obxectivo rebater os estereotipos e roles de xénero tradicionais    

Infogauda / Oia

 O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá mañá mércores día 14 de novembro, de 16:00 a 18:30 horas, a charla-obradoiro titulada Corresponsabilidade e uso dos espazos e o tempo: os/as nenos/as poden e deben botar unha man na casa.   

 Esta será a primeira das tres charlas-obradoiro organizadas polo Concello de Oia dentro da iniciativa Obradoiros de Corresponsabilidade: Na casa, todos/as iguais que se está a desenvolver ao longo do mes de novembro. As vindeiras datas son:  

20 de novembro: Poñendo límites: relacións de igualdade e respecto entre pais/nais e os seus fillos e fillas. De 16:00 a 18:30 horas no CEIP Refoxos.   

29 de novembro: Educar en igualdade é cousa de todos/as: imitación e perpetuación dos roles tradicionais. De 16;00 a 18:30 horas no CEIP Mestre Manuel García.  

 As tres charlas-obradoiro están dirixidas ás familias do alumnado das escolas de Oia e tamén están abertas ao público en xeral (ata completar aforo).      

Corresponsabilidade  

 A iniciativa Obradoiros de corresponsabilidade: Na casa, todos/as iguais ten como obxectivo xeral rebater os estereotipos e roles de xénero tradicionais e comezar a traballar no concepto de corresponsabilidade como marco de participación activa de todos os membros do núcleo familiar.  

 Ademais das tres charlas-obradoiro para familias, ao abeiro deste proxecto estanse a desenvolver sesións co alumnado e os equipos docentes de segundo ciclo de educación infantil e de primaria das dúas escolas de Oia, os CEIP Mestre Manuel García e Refoxos.  

 O proxecto conta cun investimento total de 4.836,37 euros e está financiado cunha achega do Concello de Oia e tamén a través dunha subvención para o fomento de igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero da Deputación de Pontevedra (Servizo de Igualdade).

Ningún comentario:

Publicar un comentario