4 de nov. de 2018

A GUARDA

OUTONO EN VIOLETA

SESIONS DE "DOCUFORUMS" ORGANIZADAS POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES PROGRESISTAS DA GUARDA

· Terán lugar os días 16 e 30 de novembro; e o 12 de decembro de 2018, na Casa dos Alonso


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 A Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda organiza Outono en Violeta, un evento que será dirixido por Mª Dolores Ruiz Gestoso, técnica de Igualdade, vencellada a Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (APAIOGA). 

 No Outono en Violeta están programadas tres sesions de "docuforums" (proxección de documentarios e posterior coloquio - moderado por Mª Dolores Ruiz Gestoso - sobor do asunto proposto en cada data), que se desenvolverán na Casa dos Alonso, os días 16 e 30 de novembro; e o 12 de decembro de 2018, en horario de 19:00 a 21:30 horas.

 Na primeira sesión, que terá lugar o 16 de novembro, será abordado o tema "O machismo que non se ve".

 Na segunda sesión, que se celebrará o día 30 de novembro, o tema a tratar será: "E a igualdade... para cando?".

 E na terceira e última sesión do Outono en Violeta, se tratará sobre: "Súpermulleres do século XXI".

 Outono en Violeta é unha iniciativa de debate en clave feminista e de igualdade, que conta coa colaboración do Concello de A Guarda e a Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario