4 de nov. de 2018

A GUARDA

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita A Guarda 

· O venres día 9 e o sábado día 10 de novembro de 2018

Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 9 de novembro e sábado 10 de novembro.  

 Este vehículo estará emprazado na Rúa Coruña, ao carón do Campo da Fínola o venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas e o sábado de 10:00 a 15:00 horas. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadáns o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos. 

Non esquezas levar o teu DNI. 
Non acudas sen almorzar e despois do xantar agarda 2 horas. 
Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento. 

 A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.  

 Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario