27 de nov. de 2018

A GUARDA

SAN XEROME EMILIANI: ABRINDO PORTAS ÁS PERSOAS NO TERRITORIO  


Asociación San Xerome Emiliani / A Guarda

 O xoves 29 de novembro será un día grande para a Asociación San Xerome Emiliani, xa que estrearemos novas instalación, o noso novo Espazo polivalente.  

 Este é só o principio dunha reforma, que mais alá do estrutural é o fiel reflexo dun cambio interno:  

 QUEREMOS SER QUEN SOMOS, E QUEREMOS TRANSFORMAR O MUNDO PARA QUE SEXA UN MUNDO ONDE TODAS E TODOS POIDAMOS VIVIR E COMPARTIR VIDA.  

 Este cambio nace do máis importante do Sanxe: as persoas que reciben apoios (usuarias e familias) e das/os profesionais que xestionamos estes apoios da man da Xunta Directiva.  

 Por qué?... Porque todas as persoas do San Xerome queremos compartir o mellor de nós, dando e recibindo os apoios que nos permiten vivir cada día con dignidade, sendo quen realmente somos, nós mesmos, corresponsables da nosa vida e o noso destino.  

 Para qué?... Este novo Espazo o precisamos para facer cousas xuntos, coas persoas que queiran compartir coñecemento, aprendizaxe, experiencia, visións diversas… Aberto a todas e todos. Un Espazo INCLUSIVO onde todas e todos temos un sitio, o noso sitio.  

 Creemos que isto é verdadeiramente transformador: o encontro, o compartir, a aprendizaxe conxunta, o coñecemento mutuo… transformadora das persoas cara a ser mais respectuosas, inclusivas, empáticas e mesmo curiosas unhas coas outras. 

 Cómo?... Esta realidade a construímos Xuntos, e por iso estamos abertos a recibir as propostas de todos aqueles que queiran utilizar o noso Espazo para desenvolver a súas propias actividades, eventos, charlas, accións formativas, coloquios,… mesmo concertos e exposicións.  

 San Xerome crece, abríndose ao territorio, sumando os esforzos de todos os Axentes do Cambio da nosa Comarca e máis aló; sendo máis inclusivo e comprometéndose cos seus compañeiros e compañeiras de viaxe que somos todos nós, a nosa Comunidade.  

 Queremos botar un brinde pola diversidade, polo dereito a vivir nun presente manifesto e nun futuro emerxente. Estades todas e todos invitados a acompañarnos.   

 Esperámosvos coas nosas preciosas portas abertas.   

 Inauguración novo Espazo polivalente San Xerome – Rúa Galicia, 23 A Guarda 

 Xoves 29 de novembro 2018 a partires das 11:00 h. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario