12 de nov. de 2018

A GUARDA

O GES da Guarda visita os centros educativos 

Para realizar charlas informativas 

Un membro do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda impartindo unha charla informativa nunha aula escolar
Foto: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda ven de informar que dende a pasada semana efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda veñen de iniciar o ciclo de charlas informativas co arranque do novo curso lectivo. 

 Fontes municipais indican que estas charlas informativas teñen coma obxectivo que as rapazas e rapaces saiban como actuar ante situacións de risco ou emerxencias, coñecendo o funcionamento dos plans de autoprotección dos seus respectivos colexios e centros educativos, así coma saber coma realizar unha correcta evacuación en caso de incendio, grazas á realización de simulacros de evacuación. 
  
XORNADAS ADICADAS AOS PRIMEIROS AUXILIOS

 Por outra banda, tamén este ano o GES da Guarda inicia nos centros educativos unha serie de xornadas adicadas aos primeiros auxilios, de cara a que o propio alumnado saiba como debe de actuar en caso de que algún compañeiro teña unha emerxencia de saúde ou se sinta indisposto. É de suma importancia atender nun primeiro momento e tamén saber como facelo dun xeito adecuado e correcto, minimizando os riscos para a saúde.  

 Estas actividades súmanse ás que se realizan anualmente en colaboración entre o GES da Guarda e os diferentes centros educativos da vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario